Batu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 12:
O seu gran carisma e virtual independencia non foi suficiente para ser elixido polo ''kurultai'', que tardou en optar por Güyük como Gran Khan.
 
Batu estableceu a súa capitasl en [[Sarai]] gobernaba sobre os príncipes rusos aos que esixía unha fidelidade persoal. Pretendeu tamén dirixir a política en [[Xeorxia]] a prol de [[David Narin]], pero o Gran Khan [[Güyük]] interferiu e impuxo como soberano ao liberado do poder dos turcos [[David Ulu]]. Güyük quixo poñer de manifesto a súa superior autoridade; recibiu a [[Alexandre Nevski]] e púxoo ao fronte do sur de [[Rusia]] e a [[André II]] confirmoulle o trono de Vladimir-Suzdal.
 
Por fin [[Güyük]] chamou a Batu a Mongolia. Advertido este pola viúva de [[Tolui]] de que podía ser unha trampa, dirixiuse a Mongolia co seu poderoso e temido exército. [[Güyük]] saíu ao seu encontro facendo o propio. Cando o choque parecía inevitable, Güyük faleceu en circunstancias pouco claras.