Batu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Tras o pasamento de Genghis Khan, o seu irmán maior [[Orda]], fundador da [[Horda Branca]] gobernou entre o río [[Volga]] e o lago [[Balkash]], entrementres o propio Batu ficaba co control nas terras ao oeste do Volga e quedaba como líder da dinastía de Jochi. O apoio de Batu á campaña do novo Gran Khan [[Ögödei]] contra a [[dinastía Ching]], na [[China]], fixo que este entregara terras á súa familia nestes lugares de [[Asia]]. Batu dirixiu tamén a conquista de [[Crimea]].
 
[[Ögödei]] púxollepúxoo ao fronte de 130.000 homes para a invasión de Europa e chegar ao [[Atlántico]], baixo as súas ordes colocaba ao famoso xeneral de Genghis Khan, [[Subotai]]. En [[1236]] someteu aos búlgaros do Volga, dos Kipchaks e os [[alanos]]. Seguidamente arrasou aas cidadecidades de Ryazán, Kolomma e [[Moscova]]. En só tres días caeu [[Vladimir]], a capital do rei [[Yuri II]], que foi completamente destruída. Tras a batalla do [[río Sit]] xa non quedou nada do exército de Yuri. As cidades rusas foron caendo unha por unha. [[Smolensko]] e [[Novgorod]] adiantáronse a someterse comprometéndose a pagar a Batu os correspondentes tributos.
 
Tras estas vitorias, [[GuyukGüyük]] puxo en cuestión o liderado de Batu e tras ofendelo nun banquete. Ögödei amoestouno duramente chamándoo a Mongolia e obrigándoo a retornar con Batu disciplinadamente.
 
Batu enviou espías a [[Hungría]], [[Austria]] e [[Polonia]] co fin de preparar o ataque ao corazón de Europa. Decidiu avanzar protexendo os flancos penetrando en Europa central en tres grupos. O primeiro esmagou as forzas combinadas do [[Henrique o piadoso]], e o Gran Mestre da [[Orde Teutónica]] en [[Batalla de Legnica|Legnica]]. Un segundo grupo cruzou os [[Cárpatos]], e un terceiro seguiu a ribeira do [[Danubio]]. GuyukGüyük avanzou triunfalmente por [[Transilvania]], ao tempo que Bujk se lanzaba sobre o [[río Sajo]] e infrinxía unha contundente derrota ao rei [[Bela IV]]] e os seus aliados na [[batalla de Mohi]]. Bela fuxía a [[Croacia]] perseguido por Khadan. Batu ordeaba xa acuñar moeda en Hungría e asignaba o país de Bela a Orda. Ao pouco tempo escribía ao emperador do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], [[Federico II]] instándolle a que renunciase ao seu trono. Só a morte de Ögödei en [[1241]] salvou á Cristiandade occidental.
 
O seu gran carisma e virtual independencia, non foi suficiente para ser elixido polo ''kurultai'', que tardou en optar por GuyukGüyük como Gran Khan.
 
Batu gobernaba sobre os príncipes rusos aos que esixía unha fidelidade persoal. Pretendeu tamén dirixir a política en [[Xeorxia]] a prol de [[David Narin]], pero o Gran Khan [[Guyuk]] interferiu e impuxo como soberano ao liberado do poder dos turcos [[David Ulu]]. GuyukGüyük quixo poñer de manifesto a súa superior autoridade; recibiu a [[Alexandre Nevski]] e púxoo ao fronte do sur de [[Rusia]] e a [[André II]] confirmoulle o trono de Vladimir-Suzdal.
 
Por fin [[Güyük]]chamou a Batu a Mongolia. Advertido este pola viúva de [[Tolui]] de que podía ser unha trampa dirixiuse a Mongolia co seu poderoso e temido exército,. Guyuk saíu ao seu encontro facendo o propio. Cando o choque parecía inevitable, GuyukGüyük faleceu en circunstancias pouco claras.
 
Batu convocou un ''[[kurultai]]'' nos seus extensos dominios e, co fin de desprazar a dinastía de Ögödei, propuxo a [[Mongke]]. A familia de Ögödei e de Chagatai alegou que o ''kurultai'' non era válido por celebrarse lonxe das sacras terras de Mongolia. Daquela Batu mandou a Mongke co seu fillo [[Sartaq]] e o seu irmán [[Berke]] a Kodoe Aral onde foi recoñecido definitivamente como Gran Khan.