Batu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Tras o pasamento de Genghis Khan o seu irmán maior Orda, fundador da [[Horda Branca]] gobernou entre o río [[Volga]] e o lago [[Balkash]], entrementres o propio Batu ficaba co control nas terras ao oeste deodo Volga e quedaba como líder da dinastía de Jochi. O apoio de Batu á campaña do novo Gran Khan [[Ögödei]] contra a [[dinastía Ching]], na [[China]] fixo que este entregara terras á súa familia nestes lugares de [[Asia]]. Batu dirixiu tamén a conquista de [[Crimea]].
 
[[Ögödei]] púxolle ao fronte de 130.000 homes para a invasión de Europa e chegar ao [[Atlántico]], baixo as súas ordes colocaba ao famoso xeneral de Genghis Khan [[Subotai]]. En [[1236]] someteu aos búlgaros do Volga, dos Kipchaks e os [[alanos]]. Seguidamente arrasou a cidade de Ryazán, Kolomma e [[Moscova]]. En só tres días caeu Vladimir a capital do rei Yuri II que foi completamente destruída. Tras a batalla do [[río Sit]] xa non quedou nada do exército de Yuri. As cidades rusas foron caendo unha por unha. [[Smolensko]] e [[Novgorod]] adiantáronse a someterse comprometéndose a pagar a Batu os correspondentes tributos.
Liña 8:
Tras estas vitorias, [[Guyuk]] puxo en cuestión o liderado de Batu e tras ofendelo nun banquete. Ögödei amoestouno duramente chamándoo a Mongolia e obrigándoo a retornar con Batu disciplinadamente.
 
Batu enviou espías a [[Hungría]], [[Austria]] e [[Polonia]] co fin de preparar o ataque ao corazón de Europa. Decidiu avanzar protexendo os flancos penetrando en Europa central en tres grupos. O primeiro esmagou as forzas combinadas do [[Henrique o piadoso]], e o Gran Mestre da [[Orde Teutónica]] en Lignic[[Batalla de Legnica|Legnica]]. Un segundo grupo cruzou os [[Cárpatos]], e un terceiro seguiu a ribeira do [[Danubio]]. Guyuk avanzou triunfalmente por [[Transilvania]], ao tempo que Bujk se lanzaba sobre o [[río Sajo]] e infrinxía unha contundente derrota ao rei Bela IV e os seus aliados na [[batalla de Mohi]]. Bela fuxía a [[Croacia]] perseguido por Khadan. Batu ordeaba xa acuñar moeda en Hungría e asignaba o país de Bela a Orda. Ao pouco tempo escribía ao emperador do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], [[Federico II]] instándolle a que renunciase ao seu trono. Só a morte de Ögödei en [[1241]] salvou á Cristiandade occidental.
 
O seu gran carisma e virtual independencia, non foi suficiente para ser elixido polo ''kurultai'', que tardou en optar por Guyuk como Gran Khan.