Montanismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "O '''montanismo''' é un movemento apocalíptico dentro do cristianismo primitivo fundado na segunda metade do século II por Montano. Oriundo de Frixia, foi considerado un p..."
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
O '''montanismo''' é un movemento apocalíptico dentro do [[cristianismo]] primitivo fundado na segunda metade do século II por [[Montano]]. Oriundo de [[Frixia]], foi considerado un [[profeta]] polos seus seguidores. Defendía unha moral rigorosa e rexeitaba a penitencia como porta de volta á [[Igrexa]]. EstabaEsta debía estar pechada para os que, tras o [[bautismo]], foran pecadores ou febles. Xunto coas profetisas Prisca e Maximila pronunciou os ''oráculos montanistas''.

Os montanistas acusaban dunha moral flexible á xerarquia eclesiástica obediente a [[Roma]] e aos cristiáns fieis ao [[Papa]] tachábanos como cristiáns meramente ''psíquicos'', mentres eles eran animados pola forza auténtica do alento de Deus e se consideraban ''pneumáticos''. Agardaban a inminente manifestación do [[Espírito Santo|Espírito]] e o descendemento da [[Xerusalén]] celeste. Adquiriron gran prestixio cando un dos [[Pais da Igrexa]], o respetado [[Tertuliano]], se adheriu a esta corrente.
 
[[Categoría: Cristianismo]]