Segunda guerra carlista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m z->s
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
A '''Segunda Guerra Carlista''' ou '''guerra dos Matiners''' tivo lugar fundamentalmente en [[Cataluña]] entre [[1846]] e [[1849]] ao fracasar os intentos de casar a [[Isabel II de España|Isabel II]] co pretendente carlista, [[Carlos Luís de Borbón]] e en Cataluña persistiran bandas carlistas que non se renderan tras a fin da [[Primeira Guerra Carlista]], aínda que actuaban máis como bandoleiros (''trabucaires'') que como guerrilleiros, ao que se ten que xuntar a crise agraria e industrial de 1846, especialmente importante en Cataluña e algunhas reformas impopulares do réxime liberal como as quintas, o imposto de consumos e a introdución dun sistema de propiedade liberal que entraba en contradición cos usos comunais. <br>
 
A rebelión desenvolveuse dende fins de 1846, cando se formaron diversas partidas guerrilleiras que non sobrepasaban os 500 homes a comezos de 1847 e que atacaban fundamentalmente a funcionarios públicos e a unidades militares. O líder máis importante deste primeiro momento foi o sacerdote [[Benet Tristany]], que en febreiro de [[1847]] protagonizou a entrada en [[Cervera]] para facerse con fondos e munición. A Tristany capturárono e fusilárono en Solsona en maio de 1847, pero o número de partidas carlistas aumentou en toda Cataluña chegando a uns 4.000 homes armados a fins dese ano fronte a un exército regular formado por 40.000 soldados que dirixía Manuel Pavía e que tentou mediante medidas indulxentes tranquilizar aos sublevados, o que non conseguiu, aumentando as súas forzas polos apoio de partidas progresistas e republicanas e nas mediadas de [[1848]] xurdiron partidas en [[Estremadura]] e en [[Castela]], que non conseguiron éxitos significativos. O [[23 de xuño]] de 1848 atravesou a fronteira francesa [[Ramón Cabrera]] e tentou organizar o que denominou Exército Real de Cataluña sen moito éxito, e tampouco puido entrar no [[Maestrazgo]].<br>
A fins de 1848 o novo capitán xeneral de Cataluña, [[Fernando Fernández de Córdova]] conseguiu debilitar a resistencia das partidas carlistas. En abril de 1849 detívose ao pretendente Carlos Luís cando pretendía entrar pola fronteira francesa en España e o [[26 de abril]] Cabrera tivo que crucar a fronteira francesa diante a persecución do exército gobernamental, o resto das partidas fixeron o mesmo e o [[14 de maio]] cruza a última partida, que dirixían os irmáns Tristany, poñendo fin á guerra<br>
 
A fins de 1848 o novo capitán xeneral de Cataluña, [[Fernando Fernández de Córdova]] conseguiu debilitar a resistencia das partidas carlistas. En abril de 1849 detívose ao pretendente Carlos Luís cando pretendía entrar pola fronteira francesa en España e o [[26 de abril]] Cabrera tivo que crucarcruzar a fronteira francesa diante a persecución do exército gobernamental, o resto das partidas fixeron o mesmo e o [[14 de maio]] cruza a última partida, que dirixían os irmáns Tristany, poñendo fin á guerra<br>.
 
En xuño de 1849 o goberno publicaba un decreto amnistiando aos carlistas, máis de 1.400 regresaron a España, mentres outros decidiron quedar en Francia.
 
[[Categoría:Guerras]]
[[Categoría:Carlismo]]