Anélidos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m [r2.5.2] bot Modificado: be-x-old:Колцавыя чарвякі; cambios estética
Liña 24:
|-----
|
* '''Clase [[Polychaeta]]'''
* '''Clase [[Clitellata]]'''
** [[Oligochaeta]]
** [[Acanthobdellida]]<br />
** [[Branchiobdellida]]<br />
** [[Hirudinea]] <br />
* '''Clase [[Myzostomida]]'''<br />
* '''Clase [[Archiannelida]]'''
|}Os '''anélidos''' (do latín ''annelus'', anel pequeno), comprenden o grupo dos vermes segmentados.
Son animais [[triblástico]]s, [[protóstomo]]s, [[esquizocelomado]]s, con [[simetría bilateral]], [[hiponeuro]]s e carentes de apéndices articulados.
 
== Características ==
 
O [[Phylum]] ''Annelida'' está composto por unhas 15.000 [[especie]]s de vermes segmentados xeralmente de forma cilíndrica e de tamaños que van desde os poucos milímetros ata 3 m.
Neste grupo intégranse as [[miñoca]]s ([[Oligochaeta]] ou [[oligoqueto]]s); as [[samesuga]]s ([[Hirudinea]] ou [[hirudíneo]]s) e os vermes mariños ([[Polychaeta]] ou [[poliqueto]]s) ademais doutros grupos menos coñecidos como [[branquiobdélido]]s, [[acantobdélido]]s e [[aelosomátido]]s.
A meirande parte das especies son de vida libre mais hai especies [[comensal|comensais]] e mesmo [[parasito|parasitaparasitas]]s.
Aínda que a maior diversidade de [[anélido]]s atópase no mar, son tamén comúns en todos os sistemas de augas continentais, tanto superficiais como soterráns e no medio terrestre en ambientes húmidos.
 
Liña 47:
Outra das características esenciais dos [[anélido]]s é a presenza, en xeral, das [[seda]]s. As [[seda]]s ou [[queta]]s son estruturas de [[quitina]] dispostas en feixes ou paquetes en cada un dos segmentos e que emerxen, xa directamente da superficie do corpo, xa dunhas expansións da superficie corporal chamadas [[parápodo]]s e que serven fundamentalmente para o desprazamento do animal. Os [[anélido]]s que non posúen [[seda]]s están xeralmente provistos dunha ou dúas ventosas que utilizan para a locomoción ou ben para ancorarse nun [[hospedador]].
 
== Anatomía ==
A parede corporal está formada por unha [[epiderme]] cun número variábel de [[células glandulares]] e recuberta por unha fina [[cutícula]] e dúas ou tres capas musculares.
 
Liña 60:
A [[excreción]] realízase principalmente mediante [[nefridio]]s, que son órganos [[metamérico]]s pares que comunican as [[celoma|cavidades celómicas]] co exterior mediante unha serie de poros.
 
== Reprodución ==
O [[aparato reprodutor]], as estratexias reprodutoras e o desenvolvemento son variábeis entre os diferentes grupos de anélidos.
 
Liña 69:
A reprodución [[asexual]] é un fenómeno habitual sobre todo nalgunhas familias de oligoquetos.
 
== Filoxenia ==
O filo ''Annelida'' é un grupo cunha posición filoxenética fundamental dentro dos [[protostomado]]s espirais. Xeralmente localízanse entre os [[Molusco]]s e os [[Artrópodo]]s cos que se relacionan fundamentalmente pola [[larva]] [[trocófora]] (cos moluscos) e a [[metamería]] (artrópodos).
 
Liña 76:
Dado que son animais de corpo brando, o seu rexistro [[fósil]] é moi escaso. Estes poucos fósiles pódense adscribir a grupos de poliquetos actuais e situarían a súa orixe no [[Precámbrico]] (hai uns 600 millóns de anos) e que a grande radiación dos poliquetos sucedeu a mediados do [[Cámbrico]].
 
Actualmente considérase que existen dúas grandes liñas evolutivas no [[filo]] Annelida: [[Polychaeta]] e [[Clitellata]]. A [[clase]] [[Clitellata]] (Clitelados) inclúe os [[Oligochaeta]], [[Hirudinea]], [[Branchiobdellida]] e [[Acanthobdellida]].
A liña evolutiva dos poliquetos está marcada polo carácter de organismos [[dioico]]s, con moitos pares de [[gónada]]s simples, [[fecundación]] externa e desenvolvemento indirecto, mentres que a liña evolutiva dos clitelados ([[Clitellata]]) abranguen anélidos [[monoico]]s ([[hermafrodita]]s), cun número de [[gónada]]s restrinxido, con presenza de [[clitelo]] e con desenvolvemento directo. Dentro desta liña a condición octogonadal é considerada como primaria: dous pares de [[testículo]]s e dous pares de [[ovario]]s en segmentos (4) consecutivos.
 
Recentemente Rousset et al. 2007 utilizando técnicas moleculares e xenéticas establecen o grupo dos Clitellata como un [[clado]] [[monofilético]] irmán dos poliquetos, aínda que o grupo dos Dinophilidae (considerados tradicionalmente como poliquetos) deberían incluírse nese clado.
 
== Véxase tamén ==
 
=== Outros artigos ===
{{Wikispecies|Annelida}}
{{Commons|Annelid}}
* [[Miñoca]]
 
=== Bibliografía ===
* Barnes, R.D. 1989. ''Zoología de los invertebrados''. 5º edicón. Interamericana-McGraw Hill, México D.F. ISBN 968-25-1446-0
* Gardiner, M.S. 1978. ''Biología de los invertebrados''. Omega, Barcelona. ISBN 84-282-0474-8
* Hickman, C. P.; Roberts, L.S. e A. Larson. 1994. ''Zoología. Principios integrales''. 9º edición. Interamericana-McGraw Hill, Madrid. ISBN 84-486-0072-X
* Martínez-Ansemil, E. e J. Parapar. 2002. Os Anélidos. In: ''Proxecto Galicia: Natureza''. Vol '''38''': ''Zooloxía II. Parte I: Os anélidos e outros Protóstomos''. Hércules de Ediciones, A Coruña, 24-37 pp. ISBN 84-89468-93-1
* Rousset, V.; Pleijel, F.; Rouse, G.W.; Erséus, C. & Siddall, M.E. 2007. A molecular phylogeny of annelids. ''Cladistics'', '''23''': 41-63.
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.fossilmuseum.net/fossils/Annelid-Fossils.htm Fósiles de anélidos]
 
Liña 105:
[[az:Həlqəvi qurdlar]]
[[be:Кольчатыя чэрві]]
[[be-x-old:КольчатыяКолцавыя чэрвічарвякі]]
[[bg:Прешленести червеи]]
[[bn:অঙ্গুরীমাল]]