Resurrección: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m [r2.5.2] bot Modificado: ja:復活 (キリスト教); cambios estética
Liña 7:
* A resurrección da carne da que se beneficiarán todos e cada un dos homes.
 
== Etimoloxía ==
O térmo "resurreción" significa poñerse recto "per se" -voltar a vida-, o seu sinónimo é "resucitar". Procede do imaxinario relixioso exipcio, en concreto, aparece como tema central do coñecido [[Libro dos mortos]], ou libro de instruccións para voltar a vida; de donde pasaría ao imaxinario relixioso xudeu e cristiá. Usase no Novo Testamento en numerosas ocasions, p.ex. cando se fai referencia á resurreción de Lázaro.
 
== A resurrección nas fontes do Novo Testamento ==
A resurrección de [[Xesús de Nazareth]] é presentada por [[Paulo de Tarso]], nas súas cartas, como o acontecemento central da súa predicación. Significa a vitoria fronte a escravitude do [[pecado]] e a morte e é o motivo que fundamenta a [[esperanza]] cristiá de salvación. A súa significación consiste en que nin sequera a morte poderá arrincarnos do amor de [[Deus]] en Cristo Xesús (Rom. 9, 37-39).
 
Nos evanxeos, non se describe a resurrección, agás no [[Evanxeo de Pedro]], que as igrexas consideran [[apócrifo]]. Nos sinópticos e en Xoán, recóllese a través dos relatos do sepulcro baleiro e as posteriores aparicións. Son elementos comúns:
 
* As primeiras testemuñas son mulleres. Aparecendo sempre [[María Magdalena]] entre elas. Este resulta ser un dato sorprendente para a credibilidade coetánea do relato, dado o escaso valor que ten o testemuño feminino na sociedade daquel tempo. Se aparece nos textos é que debeu existir un factor real que os sustenta (criterio de dificultade).
 
* Existe unha primeira reacción de incredulidade, e mesmo de temor, que se transforma en abraio e ledicia.
 
* Procúrase facer fincapé en que o mesmo Xesús que foi crucificado como un malfeitor e sedicioso abandonado de Deus, foi retornado por ese mesmo Deus á unha nova vida onde xa non se morre máis (Lc 24,39).
 
Nalgún relato, asóciase a resurrección coa presenza viva de Xesús na hospitalidade ao forasteiro, no partir o pan, e nun novo entendemento das Escrituras que fan "arder o corazón" (relato de Lucas sobre os discípulos de [[Emaús]]).
Liña 25:
Segundo o relato dos [[Feitos dos Apóstolos]], coa forza do [[Espírito Santo]], os primeiros discípulos predican a Resurrección de Xesús, a quen proclaman [[Cristo]], como o cumprimento das promesas do [[Profeta]]s a [[Israel]].
 
== A esexese ==
Entre teólogos e eséxetas do conxunto das confesións cristiás existe certo consenso en afirmar que estes relatos non dependen literariamente uns de outros e se remiten a unha experiencia singular. Adoitan coincidir, tamén, en que a experiencia de Xesús resucitado, coñecida como experiencia pascual, marca o comezo do cristianismo mediante unha relectura vital dos acontecementos previos da predicación, condena e crucifixión de Xesús de Nazareth.
 
É dominante a opinión de que os relatos do sepulcro baleiro non forman parte da capa máis antiga da tradición (dátanse ao redor do ano 70) e teñen un carácter catequético ou kerigmático. Con todo, existen fórmulas de fe e oración que son moi próximas no tempo aos acontecementos e que dan testemuño da crenza como algo nuclear para as primeiras comunidades. Estas fórmulas poden rastrexarse mediante un procedemento da crítica textual nas cartas de Paulo de Tarso e nas denominadas [[Cartas de Pedro]]. Por exemplo en Cor. 15, 3-5.
 
== Evolución da crenza ==
Inicialmente, a crenza na resurrección, en clave xudeo-cristiá, significaba a volta do home íntegro e unitario á unha vida definitiva e plena, con Deus e os irmáns. Esta concepción [[semita]] non concibe unha existencia humana sen corpo. Non existe palabra algunha para designar ao corpo como algo separado e distinto da alma.
 
É a influencia do dualismo grego de raíz platónica, a partir especialmente de [[Oríxenes]], e difundida polos [[Pais da Igrexa]], o que fai pasar esta crenza a ser entendida como unha reunión entre a alma inmortal e o corpo morto para a súa vivificación perpetua. O que se rexeitará moi cedo é que as almas inmortais por natureza foran preexistentes ao corpo e estiveran vencelladas a el en virtude dunha caída orixinal. O home é, por vontade do Deus Creador, corpo e alma; é bo que así sexa, por iso a redención plena consiste na reunificación de ambos para unha existencia feliz.
 
== Teoloxía católica ==
Esta visión dualista está corrixida pola actual teoloxía católica. Autores como [[Hans Urs von Balthasar]], [[Karl Rahner]] ou [[Joseph Ratzinger]] insisten en que un alma descarnada non é un ser humano e que a materialidade da natureza será transfigurada, pero non volatilizada no espírito. O corpo, en canto constitutivo da persoa consonte a unha antropoloxía contemporánea, é o núcleo da personalidade e o medio psíquico e físico para a interrelación persoal e a experiencia vital co medio. A resurrección non é a mera reanimación dun cadáver, pero ha de ter forzosamente unha referencia directa á corporeidade. Deste xeito, a resurrección supón a restauración do cosmos ao final dos tempos. Non será unha creación distinta, senón a transformación e plenificación da única e soa creación para a [[Vida Eterna]] do home en comuñón cos outros en Deus.
 
Liña 42:
En canto á súa significación, os teólogos católicos fan fincapé en que o home non pode perecer total e definitivamente. Existe porque foi querido e amado por Deus. O amor pide eternidade polo que, en Deus, o amor é máis forte que a morte.
 
== Teoloxía ortodoxa ==
A teoloxía ortodoxa segue moi pegada ao pensamento dos [[Pais da Igrexa]] de Oriente. Nos himnos litúrxicos, as igrexas proclaman que Cristo esnaquizou as portas do inferno, que levantou conxuntamente aos mortos, rompeu o aguillón da morte e, como Amigo dos homes, redimiu a [[Adán]] da maldición (''kontakion'' do quinto domingo).
 
Nas [[icona]]s, tan importantes para a espiritualidade ortodoxa, aparecen imaxes desta verdade fundamental nas igrexas de tradición bizantina. Nelas, a nova vida é xa experimentable no presente, mediante as enerxías divinas descritas por teólogos medievais como [[Nicolás Cabasilas]] ou [[Gregorio Palamas]].
 
Para os teólogos bizantinos a mortalidade humana é unha traxedia individual e cósmica que Deus asume por amor, para que, mediante a resurrección de Cristo, poida a humanidade recobrar a vida perpetuamente feliz. Recollendo esta tradición, para teólogos actuais como [[Meyendorff]] ou [[Olivier Clément]], coa resurrección a morte deixou de ser o único fin da existencia material. Así, o home é liberado do temor; a escravitude do pecado, que se basea no instinto de conservación e na separación entre os homes, perde o seu poder e deixa de ser inevitable.
 
== Teoloxía evanxélica ==
Para autores como [[Karl Barth]] ou [[Eberhard Jüngel]], o Fillo de Deus fíxose home, morreu e resucitou para a xustificación do pecador. Mediante a morte e a resurrección, igual que para a teoloxía católica e ortodoxa, Deus mesmo está actuando en Xesús. Pero a teoloxía evanxélica insiste en que esta actuación é exclusiva e definitiva; por ela e só por ela, gratuitamente e por soa [[graza]], o home mortal e pecador é xustificado e salvado. Tal como afirmaba [[Martiño Lutero]], a morte e a resurrección de Cristo abondan para a salvación do home e fan banais os méritos e as obras.
 
Liña 71:
[[id:Kebangkitan]]
[[it:Risurrezione]]
[[ja:復活 (キリスト教)]]
[[kn:ಪುನರುತ್ಥಾನ]]
[[ko:부활]]