Cibrán de Cartago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 14:
Cibrán non abordou a especulación nin se elevou ata grandes tratados doutrinais, os seus escritos están ateigados de preocupacións prácticas cotiás na axitada vida das comunidades cristiáns da época. Gran admirador de [[Tertuliano]], tíñao como mestre e fonte de inspiración, aínda que se afastaba del nalgúns puntos do seu pensamento. Condeou o espectáculo da loita entre gladiadores, demandou dos crentes xenerosidade no auxilio dos marxinados e solidariedade cos paganos, teimaba en que a oración cristiá era comunitaria e afastada do individualismo e pregaba por todos os homes (é célebre o seu comentario sobre o [[Noso Pai]]). A súa principal obsesión foi a defensa da unidade da Igrexa universal (unha era a fe e un o pobo crente cimentado na concordia), o que non foi óbvice para que se amosara a prol da identidade da súa Igrexa africana. Louvou a virtude da humildade e a coherencia ata o martirio. As súas cartas son de grande utilidade para coñecer o [[latín]] común.
 
Cibrán fai unha severa autocrítica da Igrexa do seu tempo ata o punto de que a proba da persecución a atribuía á providencia divina para erguer a fe caída e aletargada que provocara volta ao [[pecado]] {{Cita|''Cada un buscaba engrosar a súa facenda e, esquecéndose da pobreza que practicaban os fieis en tempo dos apóstolos[[apóstolo]]s e que sempre deberan seguir, non tiñan outra ansiedade que a de acumular bens cunha cobiza abrasadora e insaciable...Moitos bispos, que deben ser un estímulo e exemplo para os demais, desprezando o seu sagrado ministerio, empregábanse no manexo de bens mundanos e, abandonando a súa cátedra e a súa cidade, percorrían polas provincias extranxeiras os mercados a caza de negocios lucrativos, buscando amontoar diñeiro en abundancia mentres pasaban necesidade os irmáns da Igrexa|De lapsis'', 5-6}}
 
Aínda que defensorfirme partidario da unidade da Igrexa, Cibrán pasou á historia como un dos grandes defensores da autoridade do bispo, baseada na súa conducta exemplar de pobreza, austeridade e solicitude polos marxinados e fundada na lexitimidade da súa elección polos fieis, ''cando un bispo substitúe a outro defunto, cando é elixido en paz polo voto do pobo, cando é protexido na persecución polo auxilio de Deus'' (Carta 59, VI, 1).
 
Deixou tamén valiosos testimuños sobre os criterios para recoñecer a autoridade do bispo de Roma como sucesor de [[Pedro,papa|Pedro]] e a concepción do que logo sería o Papado. Así di que recoñece a autoridade do papa [[Cornelio]] porque {{Cita|...''non solicitou nin quixo o episcopado...Non fixo forzforza como outros para ser bispo, senón, ao contrario, sufriu violencia para aceptalo á forza. Foi elixido bispo por moitos colegas nosos...polo testimuño favorable de case todos os cregos, polo voto do pobo que alí estivo presente...|Carta'' 55,VIII,2-4}}
 
==Obras==
*''De lapsi''
*''De opere et eleemosynis''
*''De habitu virginum''
*''De Catholicae Ecclesiae unitate''
 
==Significación==