Hogwarts: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
traduzo a introdución da sección sobre as casas de Hogwarts
Toliño (conversa | contribucións)
sección sobre o Expreso de Hogwarts, tradución parcial de en.wp
Liña 8:
 
Despois da creación de Hogwarts, os catro fundadores elixían aos estudantes de primeiro ano que irían na súa casa. Cando os fundadores se comezaron a preocupar sobre o xeito en que os estudantes serían elixidos ás súas mortes, Godric Gryffindor quitou o sombreiro e cada un conferiulle o seu coñecemento, creando o Sombreiro Escolledor, que decidiría a casa axeitada para cada estudante xulgando as súas calidades. Non obstante, a elección do estudante pode afectar á decisión: un claro exemplo é Harry, que segundo o Sombreiro debera ir en Slytherin, pero finalmente acaba en Gryffindor despois de que Harry lle pedira que non o seleccionase para Slytherin.
 
==Expreso de Hogwarts==
[[Ficheiro:GWR 'Hall' 5972 'Olton Hall' at Doncaster Works.JPG|thumb|A locomotora empregada nos filmes como Expreso de Hogwarts.]]
O '''Expreso de Hogwarts''' é un tren máxico que leva os estudantes de Londres a [[Hogsmeade]]. O tren sae da [[plataforma 9¾]] da [[Estación de King's Cross|estación de ferrocarrís de King's Cross]] e vai sen deterse ata a estación de ferrocarrís de Hogsmeade. Os compartimentos do tren están clasificados por letras. N’''a pedra filosofal'', Harry coñece aos seus dous mellores amigos, Ron e Hermione, na súa primeira viaxe no Expreso de Hogwarts. A locomotora empregada nas adaptacións cinematográficas é o modelo GWR 4900 Class 5972 ''Olton Hall''.
 
==Notas==