Hogwarts: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
traduzo a introdución de en.wp
 
Toliño (conversa | contribucións)
traduzo a introdución da sección sobre as casas de Hogwarts
Liña 2:
 
Rowling indicou que tomou o nome do colexia da planta ''Croton capitatus'' (chamada "hogwort", en inglés), que vira nos Xardín Botánico Real de Kew algún tempo antes de escribir a serie ''Harry Potter''<ref>[http://www.quick-quote-quill.org/articles/1999/0999-familyeducation-abel.htm 1999: Accio Quote!, the largest archive of J.K. Rowling interviews on the web], quick-quote-quill.org</ref><ref>[http://www.quick-quote-quill.org/articles/2001/1001-sydney-renton.htm 2001: Accio Quote!, the largest archive of J.K. Rowling interviews on the web] quick-quote.quill.org</ref>, aínda que os nomes "The Hogwarts" e "Hoggwart" xa aparecen no libro ''How To Be Topp'' escrito por Geoffrey Willans<ref>[http://www.lrb.co.uk/v22/n04/jone01_.html LRB: Thomas Jones, Swete Lavender], lrb.co.uk, 17 de febreiro de 2000</ref><ref>[http://www.independent.co.uk/arts-entertainment/books/news/potters-magic-school-first-appeared-in-1950s-classic-701701.html Independent: Potter's Magic School], independent.co.uk, 22 de setembro de 2000</ref>.
 
== Casas ==
[[Ficheiro:Coat of arms Hogwarts.svg|thumb|180px|Escudo de armas de Hogwarts.]]
O colexio Hogwarts está dividido en catro casas, cada unha chamada polo apelido do seu fundador: [[Godric Gryffindor]], [[Salazar Slytherin]], [[Rowena Ravenclaw]] e [[Helga Hufflepuff]]. As casas compiten ao longo de todo o ano escolar, gañando e perdendo puntos grazas aos logros ou fracasos, para obter a Copa da Casa. Cada casa ten tamén o seu propio equipo de quidditch que compite pola Copa de Quidditch. Ambas competicións crean rivalidades entre casas. As casas de Hogwarts son as comunidades de convivencia e estudo dos estudantes que pertencen a elas. Cada casa atópase baixo a autoridade dun dos membros do [[persoal de Hogwarts]]. Os xefes das casas son os encargados de dar información importante, impor os castigos e responder ás emerxencias nas súas casas. Cada ano, os alumnos do mesmo ano de cada casa comparten o mesmo dormitorio. O dormitorio e mais a sala común de cada casa son, salvo rara excepción, inaccesibles para os estudantes doutras casas.
 
Despois da creación de Hogwarts, os catro fundadores elixían aos estudantes de primeiro ano que irían na súa casa. Cando os fundadores se comezaron a preocupar sobre o xeito en que os estudantes serían elixidos ás súas mortes, Godric Gryffindor quitou o sombreiro e cada un conferiulle o seu coñecemento, creando o Sombreiro Escolledor, que decidiría a casa axeitada para cada estudante xulgando as súas calidades. Non obstante, a elección do estudante pode afectar á decisión: un claro exemplo é Harry, que segundo o Sombreiro debera ir en Slytherin, pero finalmente acaba en Gryffindor despois de que Harry lle pedira que non o seleccionase para Slytherin.
 
==Notas==