Torque (colar): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Corribot: Cambiando: ".en.nsula .b.rica" -> "península Ibérica", segundo petición.; cambios estética
m Corribot: Cambiando: "pen.nsula .b.rica" -> "Península Ibérica", amañando o erro.
Liña 13:
Da súa existencia despréndese unha importante xerarquización social e unha especialización artesá salientable.
 
Na distribución dos torques de ouro na [[Europa atlántica]] e en concreto na [[penínsulaPenínsula Ibérica]], apréciase unha concentración destacadísima nas actuais [[Galicia]] e norte de Portugal. Derivan dunha metalurxia moi antiga con importantes mostras xa na [[idade de Bronce]] (os do tesouro de [[Caldas de Reis]]). Factores explicativos son a abundancia de ouro e estaño nesta área, os contactos coa [[Europa atlántica]] e a influencia meridional nos granulados e as filigranas. En concreto, nos torques [[galaicos]] aprécianse influencias da cultura de [[Hallstat]] e [[la Tène]], -sen que isto implique migracións masivas de poboacións para explicar a súa divulgación-, que amosan como na [[Europa atlántica]] existiu unha circulación artística propia envolvente.
 
No territorio da antiga [[Gallaecia]], o número de torques atopados supera o centenar. Os torques galaicos e astur-occidentais{{cómpre referencia}} presentan peculiaridades con respecto aos do resto da [[penínsulaPenínsula Ibérica]]; coinciden cos centroeuropeos e británicos nos grandes remates ou topes, de aí que se pode albiscar unha inflencia de ''la Tène''.
 
Exemplos de importantes torques [[galaicos]] son o [[torque de Burela]] e o de [[Xanceda]].