Luís Filipe Lindley Cintra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Categoría:Personalidades da lingüística; retiro obra editada en publicacións periódicas
m Corribot: Cambiando: "pen.nsula .b.rica" -> "Península Ibérica", amañando o erro.; cambios estética
Liña 1:
'''Luís Filipe Lindley Cintra''', nado en [[Lisboa]] o [[5 de marzo]] de [[1925]] e finado en [[Sesimbra]] o [[18 de agosto]] de [[1991]], foi un [[filoloxía|filólogo]] e [[lingüística|lingüísta]] [[Portugal|portugués]].
 
== Traxectoria ==
Luís Filipe Lindley Cintra é unha das figuras principais da lingüística portuguesa. desenvolveu a súa actividade científica na Faculdade de Letras da [[Universidade de Lisboa]], onde se licenciou e doutorou en Filoloxía Románica (en 1946 e 1952 respectivamente), e onde exerceu a súa actividade docente, como asistente (1950-1960) profesor extraordinario (1960-1962) e catedrático (de 1962 até a morte).
 
Liña 12:
Unha das súas características como intelectual e científico era que daba pouca importancia á teoría, preferindo a análise dos datos, seguindo o seu gran modelo, [[Ramón Menéndez Pidal]], co que trabalou para o doutoramento. Volveu colaborar co filólogo madrileño na recollida de material para o ''[[Atlas Lingüístico da Península Ibérica]]'', percorrendo Portugal en 1953 e 1954. Isto estimulouno para estudar outros aspectos, como a dialectoloxía e a [[etnografía]], disciplinas que desde [[Leite de Vasconcellos]] eran pouco estudadas en Lisboa. Amais, o feito de abandonar o gabinete e descubrir a forma de vida popular, espertoulle a consciencia dos problemas sociais e políticos. Dez anos máis tarde, estas preocuàcións reflexáronse no seu protagonismo nas luitas estudantís e a súa coraxe física en episodios históricos.
 
Como lingüista abarcou dous grandes campos de investigación: as orixes da lingua portuguesa e o seu espazo xeográfico. Sobre as orixes, preocupouse sobre a Reconquista e o repoboamento do territorio peninsular, a historia dos dialectos galegos e portugueses, a produción documental latina e portuguesa dos primeiros séculos nacionais, o aparecemento da literatura escrita en portugués e a literatura oral, manifestada máis tarde no romanceiro. Sobre o espazo, definido historicamente como a faixa occidental da [[penínsulaPenínsula Ibérica]] (incluíndo por tanto a [[lingua galega]]; se ben afirmaba que os seus dialectos pertencían ao mesmo sistema que o portugués, nese momento apoiaba a autonomía da norma lingüística galega) e polas illas atlánticas, por [[Brasil]] e os países africanos e asiáticos lusófonos e os crioulos de base portuguesa. Un espazo xeográfico definido como produto da expansión extra-europea da lingua nacida do [[latín]] vulgar do noroeste peninsular. Esta definición conducía á valorización dos aspectos unitarios: sobre a variedade inevitábel dunha lingua transcontinental, Cintra facía pairar unha unidade fundamental que non excluía o galego nin os crioulos, e moito menos o portugués do Brasil, como demonstra, na fase final da súa vida, a defensa dunha ortografía común e a colaboración con [[Celso Cunha]] para escrebiren a ''[[Nova Gramática do Português Contemporâneo]]'' (1984), unha [[gramática]] escrita para servir de normativa, simultaneamente, á língua usada por portugueses, brasileiros e africanos.
 
== Obra ==
* ''O Ritmo na Poesia de António Nobre''. 1946, 116 pax. (inédito).
* ''Crónica Geral de Espanha de 1344. Edição crítica do texto português''. 1951.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.instituto-camoes.pt/cvc/figuras/lcintra.html Biografia - Instituto Camões]
 
{{DEFAULTSORT:Lindley Cintra, Luis Filipe}}
 
[[Categoría:Personalidades da lingüística]]