Abrir o menú principal

Cambios

m
Corribot: Cambiando: "pen.nsula .b.rica" -> "Península Ibérica", amañando o erro.; cambios estética
Chámase '''Galia''' ('''Gallia''' en [[latín]]) ao conxunto de territorios que ocupaban os "[[galos]]", pobos denominados así polos romanos, e que corresponden coas actuais [[Francia]], [[Bélxica]] e parte da [[Suíza]], así como terras das actuais [[Holanda]] e [[Alemaña]] situadas ao oeste do [[Rin]]. A palabra '''galo''' refírese habitualmente aos habitantes celtas desa rexión nos tempos antigos e foi empregada principalmente polos romanos, que moi raras veces chamaban [[celta]]s a este conxunto de tribos diversas. O xentilicio conservouse a través dos tempos soamente na extensión de terras que hoxe compoñen a República francesa e aínda hoxe se continúa chamando ''galos'' aos franceses, e de feito ''Gallia'' é o nome de [[Francia]] en [[grego moderno]].
 
A Galia estivo habitada principalmente polos [[aquitano]]s, ligados aos [[vascón]]s da [[penínsulaPenínsula Ibérica]] que, a pesar de teren influencias [[celta]]s, conservaron a súa [[lingua aquitana|lingua]] e identidade. Os [[belga]]s vivían ao norte do río Sequana ([[río Sena|Sena]]). Eran celtas pero cunha grande influencia [[xermánico|xermánica]]. Estaban curtidos na batalla debido ás suas continuas loitas cos seus veciños xermánicos do norte.
 
Na Galia central vivian os [[celta]]s. Os celtas eran con moito os máis importantes poboadores da Galia, tanto en número como en extensión territorial. Non formaban unha nación en conxunto, nin tiñan xefe común. Hábiles loitadores, mellores metalúrxicos e ourives, só tiñan un elemento que os unía e ese era a relixión. Esta desunión era decote aproveitada polos seus veciños, as tribos xermánicas, e foi o elemento esencial para a súa conquista polos romanos.
Na Galia prerromana non existía ningunha unidade política nin tampouco territorial. Non constitúen un Estado organizado senón un conxunto de pobos compostos por diferentes tribos de distintas etnias. Se había algo que unise a este conxunto de tribos era a relixión e un comercio ben estruturado, vinculado ás grandes rutas da época e baseado na industria da [[metalurxia]]. A Galia foi en principio aliada de [[Roma]], pero con ocasión dunha migración dos [[helvecio]]s, pobo [[celta]] que habitaba a actual [[Suíza]], [[Xulio César]] comezou a súa conquista para engadir o seu territorio como provincia romana. Despois dunha longa e cruenta guerra, esta integración acabou coa rendición de [[Vercinxetorix]] en [[Alesia]].
 
== Galia e Francia ==
 
Os gregos focenses da rexión de [[Fócida]] fundaron no sur destes territorios unha cidade chamada Massalia (actual [[Marsella]]). Desta época téñense os primeiros datos e informacións sobre a Galia e os galos. Os gregos chamaban ''keltoi'' en xeral ao que se coñece como celtas, pero nestas rexións utilizaban tamén o nome de ''Galatia'' e ''gálatas'' para designar a terra e os seus habitantes. Este termo de ''gálata'' refírese tanto aos habitantes europeos como aos que se estabeleceron máis tarde en Asia Menor, fundando a [[Galacia]]. Estes dous termos de ''Galia'' e ''galos'' continuáronse empregando despois da conquista de [[Xulio César]] para denominar as [[provincias romanas]] que se estendían por estes territorios. Ambos os termos aínda se usaron até o final da [[dinastía Merovinxia]], polo menos nos documentos da época. Máis tarde, e xa en plena época da [[dinastía Carolinxia]], o Reino dos francos, que comprendía boa parte de Europa (dos [[Pirineos]] ao [[Mar do Norte]] e da [[Armórica]] até a [[Saxonia]], pasou a se denominar ''Francia'' na lingua oficial da época, o [[latín]]. Coa división do [[Imperio Carolinxio]] no [[Tratado de Verdún]] (843), a parte da Galia que recibe [[Carlos o Calvo]] denomínanse [[Francia Occidentalis]], sendo a [[Francia Orientalis]] boa parte das actuais [[Alemaña]] e [[Austria]]. Cando a Francia Orientalis pasou a se denominar ''Germania'' ([[Xermania]] ou [[Imperio Xermánico]]) no século X, a denominación de ''Francia'' reservouse para designar, en sentido amplo, o conxunto de ducados e condados da antiga parte occidental e, en sentido máis restrinxido, os feudos do rei franco na chaira de [[París]], aínda hoxe denominada ''chaira de Francia'' ou ''Illa de Francia'' ([[Île-de-France]]). O primeiro rei franco en ser coroado como Rei de Francia foi [[Filipe Augusto]], a finais do século XII.
 
== Os distintos pobos da Galia ==
 
Xulio César fixo unha descrición sobre tres dos pobos que habitaban a [[Galia Trasalpina]] no seu libro [[Comentarios sobre a guerra das Galias]]. Conta que estaba a rexión dividida en tres partes, e que cada unha delas estaba habitada polo pobo dos '''belgas''', o dos '''aquitanos''' e o dos '''galos''' (ou celtas). Aínda que só describe estes tres, sábese que a Galia estaba habitada por moitos máis pobos diferentes.
 
Cada pobo estaba formado por varias tribos:
* '''Celtas''', cos helvecios, secuanos e eduos que se encontraban dispersos ao longo dos ríos [[Ródano]] e [[Saona]]. Carnutos e seones, ao longo do [[río Sena]].
* '''Belgas''', coas tribos dos belovacos, suessiones (que deu o topónimo de [[Soissons]]), remos (que deu o topónimo de [[Reims]]) e manapios.
* '''Aquitanos''', coa tribo dos tarbelos.
 
 
== As Galias ==
 
[[Ficheiro:REmpire-Gallia.png|thumb|right|As diferentes provincias que facían parte da Galia]]
Todas as terras habitadas polos galos eran coñecidas polos romanos como as Galias, en plural, porque Roma distinguía máis de unha en función da súa situación xeográfica. Por iso distinguían entre '''Galia Cisalpina''' (ao norte de Italia, antes de pasar os Alpes) e '''Galia Trasalpina''' (alén dos Alpes, desde o norte de Italia), ademais dos moitos territorios que aínda estaban sen conquistar até a época de Xulio César (Galia Comata ou ''Cabeluda'').
 
=== Galia Cisalpina ===
Algúns autores chámana tamén Galia Itálica, e é tamén llamda Galia ''citerior'' ou ''togata''. Facían parte dela todas as terras ao norte dos ríos Arnus ([[Arno]]) e Rubico (ou [[río Rubicón|Rubicón]]). O río [[río Po|Po]] transcorre por este territorio de leste a oeste trazando unha división xeográfica natural. Naquela altura, o linde do río era moi importante xa que existía unha gran diferenza entre os habitantes dunha e outra beira. As xentes ao sur do río estaban moi romanizadas e moitas tiñan até os mesmos dereitos que os romanos. No norte do río, as xentes e as cidades eran máis celtas que romanas. No século I só as cidades de Aquilea e Cremona se rexían polo dereito romano. Nestas terras mantíñanse as linguas indíxenas no uso habitual, sendo o latín a segunda lingua. En xeral, a Galia Cisalpina apenas participaba nos asuntos romanos e non gozaba das vantaxes dos aliados itálicos. Os seus habitantes nin sequera eran recrutados para a infantaría romana. A cidadania romana foi estendida á Gália Cisalpina por César no 49 adC. e toda esta rexión foi incorporada a Italia por [[Augusto]], deixando con isto de ser província.
 
=== Galia Transalpina ===
Chamada por algúns Galia ''ulterior'', era a provincia romana que se encontraba alén dos Alpes. Consistía nunha franxa costeira que se estendía desde a [[Liguria]] até os [[Pirineos]]. Ao longo da franxa, este territorio tiña dúas avanzadas que se internaban, unha cara a [[Tolosa]], en [[Aquitania]], e outra polo val do [[Ródano]] até a cidade comercial chamada ''Lugdunum'', actual [[Lyon]]. A Galia Transalpina foi conquistada na seu maior parte por [[Cneo Domicio Ahenobarbo]], antes do ano 120 adC. Faise esta conquista para garantir a pasaxe dos exércitos romanos a [[Hispania]].
 
=== Galia Comata ===
Chamada ''Galia Cabeluda'' porque os seus habitantes deixaban medrar moi longo o cabelo. (''Coma'' en latín é cabeleira, de aí o nome dado á constelación [[Coma Berenices]] pola cabeleira de Berenice). Era a Galia máis extensa de todas pois comprendía as actuais [[Francia]] central e setentrional e [[Bélxica]], xunto con parte de [[Holanda]] ao sur do río [[Rin]]. O seu territorio era chairo, con grandes bosques e moitos recursos agrícolas, a maioría sen explotar. Estaba regado polos ríos ''Liger'' ([[Loira]]), ''Sequana'' ([[río Sena|Sena]]), [[río Mosa|Mosa]], ''Mosella'' ([[río Mosela|Mosela]]), ''Scaldis'' ([[río Escalda|Escalda]]), ''Samara'' ([[río Somme|Somme]]), ''Matroma'' ([[río Marne|Marne]]), ''Duranius'' ([[Dordoña]]), ''Oltis'' ([[Lot]]) e ''Garumna'' ([[río Garona|Garona]]). Antes da conquista de Xulio César, todas estas terras eran practicamente descoñecidas. Os seus habitantes eran na súa maioría celtas chamados galos. Estes galos coñecían a existencia de Roma e do seu poder, e evitaban calquera contacto con ela. Eran agricultores e gandeiros, e vivían en cidades ou aldeas que os romanos chamaban ''oppida''. Gardaban, coidaban e defendían celosamente os tesouros tribais, así como os campos de trigo e o seu xefe (denominado ''rix''). Da súa relixión sábese pouco na realidade, aínda que circularon ao longo da historia lendas e contos sobre os seus deuses e os seus sacerdotes chamados [[druída]]s, dos que se descoñece case todo desde un punto de vista científico e crítico. En xeral, non buscaban a guerra como un fin para a súa expansión, pero eran terríbeis guerreiros. Tiñan por costume fabricar e beber [[cervexa]], cousa que os romanos nunca entenderon nin aprobaron, dado que eles eran moi afeccionados ao cultivo da vide. A maioría destes habitantes eran altos, rexos, louros ou rubios e con ollos azuis ou grises. Para os romanos eran pobos bárbaros, é dicir, pobos con costumes totalmente diferentes ás súas, aínda que consideraban avanzada a súa civilización, en especial as súas redes comerciais.
 
== Conquista romana ==
 
[[Xulio César]] derrotou ás tribos [[celta]]s en Galia entre [[-58|58 adC]] e [[-51|51 adC]], e escribiu as súas experiencias en ''[[De Bello Gallico]]'' (Comentarios sobre a guerra das Galias). A rexión conquistada por César era a Galia Trasalpina, onde se encontraba incluída a Galia Comata (Galia Cabeluda: literalmente, "galo de cabelo longo". César describiu os galos como individuos intelixentes, moi activos, impulsivos e inestábeis.
 
No ano 27, o emperador [[Augusto]] dividiu a Galia en catro administracións ou provincias:
* '''[[Gallia Narbonensis]]''', desde os Alpes até os montes Cevenas.
* '''[[Gallia Lugdunensis]]''', entre os ríos Loira, Saona e [[río Sena|Sena]].
* '''[[Gallia Aquitania]]''', que limitaba ao norte co río [[Loira]].
* '''[[Gallia Belgica|Galia Belga]]''', que se estendía entre os ríos Sena e Rin e cuxo límite polo norte era o mar do Norte.
 
Esta administración mantívose así até principios do século IV, cando o emperador [[Diocleciano]] impuxo unha reforma administrativa.
 
== As invasións xermánicas ==
 
O 31 de decembro de 406 os [[vándalo]]s, [[alano]]s e [[suevo]]s cruzaron o [[Rin]], comezando unha invasión da Galia. Tras sufrir unha cada vez maior presión por parte das tribos xermanas desde a metade do [[século III]], o goberno romano da Galia desapareceu coa derrota do gobernador romano [[Siagrio]] polos [[francos]] en [[486]]. A dominación romana durara até o século V. Despois da caída do [[Imperio Romano de Occidente]], os [[francos]] (pobo xermano) instaláronse no norte da Galia. A partir de entón, comezou a súa expansión por todo o territorio galo. Con todo, as familias ilustres galorromanas continuaron tendo o poder político.
 
== Continuidade e rupturas ==
Hoxe en día admítese que a Galia "romana" só foi romana nalgúns ámbitos, aínda que sen dúbida importantes. Os importantes cambios introducidos polo conquistador eclipsaron durante moito tempo calquera hipótese sobre unha posíbel permanencia de características sociais ou culturais galas.
 
 
Tamén foi o "[[Renacemento Carolinxio]]" o que forneceu os fundamentos dunha cultura realmente nova. Na súa orixe, este "Renacemento" perseguía restaurar a cultura romana antiga e imperial.
 
 
[[Categoría:Galia]]
32.556

edicións