Cultura de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Corribot: Cambiando: ".en.nsula .b.rica" -> "península Ibérica", segundo petición.
m Corribot: Cambiando: "pen.nsula .b.rica" -> "Península Ibérica", amañando o erro.
Liña 1:
A '''Cultura de Galicia''' ten a súa orixe na [[Megalitismo en Galicia|cultura megalítica da fachada atlántica europea]] e na [[cultura castrexa]]. Os primeiros poboadores de Galicia son os nativos [[oestrimnios]] e outros pobos de orixe [[indoeuropea]]. A fusión destes pobos no noroeste peninsular dará lugar á [[cultura dos castros]] entre o [[macizo Galaico]] e o [[río Douro]], cultura na que deixaron a súa impronta tamén os [[Imperio Romano|romanos]]. Ademais aínda hoxe é tema de discusión a pegada celta na cultura galega: aínda que se sabe que a súa presenza non foi tan importante como a que quixeron ver os autores románticos, hai trazos célticos de importancia, como influencias na cultura material, na toponimia, nos mitos relixiosos e pode que mesmo a lingua falada en todo o territorio galaico antes da romanización fose celta, aínda que disto non hai certeza.
 
Posteriormente, Galicia será invadida por varias vagas xermánicas. Nun primeiro momento os [[suevos]] farán de Galicia o primeiro reino independente de [[Europa]], máis adiante, este reino será anexionado polos [[visigodos]]. Galicia recibirá tamén, no transcorrer da súa historia, a [[viquingo]]s, [[bretóns]] e [[musulmán]]s. Coa chegada dos musulmáns á penínsulaPenínsula Ibérica dúas cidades galegas serán atacadas: [[Santiago de Compostela]] e [[Lugo]]. O reparto do antigo reino visigodo, que se fai entre [[árabe]]s, [[sirio]]s e [[bérber]]es, dálle a estes últimos a franxa noroeste. As condicións climáticas incomodan a este pobo, procedente do [[Magreb]], así que deciden non asentarse, convertendo a Galicia en territorio fronteira con Al-Ándalus, onde o [[cristianismo]] faise un trazo diferenciador que dá forzas á [[reconquista]].
 
Galicia, ao igual ca outros territorios da [[penínsulaPenínsula Ibérica]], tamén chegaría a ter nalgunhas cidades unha importante comunidade [[xudeu|xudía]], principalmente na zona de [[Ribadavia]] e [[Ourense]]. Tamén cabe destacar na cultura galega a influencia cultural chegada dende [[América Latina]], dende as [[Illas Británicas]] e dende o centro de Europa, grazas ao [[camiño de Santiago]].
 
Cultural e lingüísticamente as comarcas españolas do [[Bierzo]] ([[Castela e León]]) e o [[Terra Eo-Navia|Eo-Navia]] ([[Asturias]]) son análogas a Galicia. Tamén posúe patróns conxuntos coas rexións lindeiras portuguesas de [[Tras-os-Montes]] e [[Baixo Minho]] na música, nos costumes e nas tradicións.