Escritura ibérica nororiental: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
cambiar a ''península Ibérica''
Elisardojm (conversa | contribucións)
amaño o erro da península Ibérica
Liña 9:
Como o resto de [[escrituras paleohispánicas]], esta escritura presenta signos con valor silábico, para as oclusivas, e signos con valor alfabético, para o resto de consoantes e vogais. A partir do punto de vista da clasificación dos sistemas de escritura non é nin un [[alfabeto]] nin un [[silabario]], senón unha [[escritura mixta]] que se identifica normalmente como [[semisilabario]]. O signario básico está formado por 28 signos: cinco vocálicos, 15 silábicos e 8 consonánticos (unha lateral, dúas sibilantes, dúas vibrantes e tres nasais). O seu desciframento, culminado o [[1922]] por [[Manuel Gómez-Moreno]], é practicamente total e baséase principalmente na existencia de numerosas lendas monetarias, algunhas bilingües ou case bilingües, facilmente relacionábeis con topónimos coñecidos polas fontes clásicas. Do signario ibérico nororiental coñécense dúas variantes: a variante dual é case exclusiva das inscricións máis antigas dos séculos [[século -V|-V]], [[século -IV|-IV]] e [[século -III|-III]] e caracterízase polo uso do sistema dual, descuberto por [[Joan Maluquer|Joan Maluquer de Motes]] o 1968, que permite diferenciar os silabogramas oclusivos dentais e velares xordos dos sonoros cun trazo engadido de forma que a forma simple representa á sonora e a forma complexa á xorda. A variante non dual é case exclusiva das inscricións máis modernas dos séculos [[século -II|-II]] e [[século -I|-I]].
 
A escritura ibérica nororiental escríbese moi maioritariamente de esquerda a dereita e usouse fundamentalmente no cuadrante nororiental da [[penínsulaPenínsula Ibérica]]: unha ampla franxa costeira a partir do sur do [[Languedoc-Rosellón]] ata [[Alacant]] que penetra cara o interior polo val do [[Ebro]] e que corresponde á maior parte dos pobos que as fontes clásicas identifican como [[iberos]] ([[indiketes]], [[ausetanos]], [[laietanos]], [[lacetanos]], [[cosetanos]], [[ilerxetes]], [[ilercavóns]], [[sedetanos]], [[edetanos]], [[contestanos]], etc.). Os contextos arqueolóxicos máis antigos sitúanas a finais do [[século -V]], mentres que as máis modernas son de finais do [[século -I]], ou quizais de principios do [[século I]]. As inscricións nororientais aparecen sobre soportes moi variados (moedas de prata e bronce, láminas de chumbo, cerámicas áticas, cerámicas de verniz negro A e B, cerámicas pintadas, dolias, ánforas, fusaiolas, ronseis e placas de pedra, mosaicos, etc.) e é con diferenza o [[escrituras paleohispánicas|signario paleohispánico]] máis documentado, uns dous milleiros de inscricións, que representan o 95% do total.
 
==Véxase tamén==