Cabalo de pura raza galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
escea>escena e algunha corrección da lingua
m Corribot: Cambiando: "pen.nsula .b.rica" -> "Península Ibérica", amañando o erro.; cambios estética
Liña 6:
A finais do [[século XX]] atopábase en estado de [[Extinción|perigo de extinción]]: en [[1999]] o rexistro oficial mantiña un censo de soamente 190 exemplares. O programa para procurar a súa recuperación e preservación conseguiu censar en 2001 450 exemplares (o 80% deles en idade reprodutora) e a finais de [[2007]] a poboación censada era de case 1.300 exemplares <ref>[http://mediorural.xunta.es/es/areas/gandaria/razas_autoctonas/equina/ mediorural.xunta.es]</ref> <ref>Da mestizaxe existente dá idea o feito de que en 2001 o censo de cabalos criados ceibos nos montes galegos ascendía a uns 22.000 exemplares.</ref>.
 
== Orixes ==
[[Ficheiro:Ruta de Padrendo, Lobios. Cabalos.jpg|thumb|250px|Cabalos en réxime de liberdade (Lobios, Ourense)]]
Os testemuños máis antigos que se conservan da presenza de poboacións de équidos en Galicia atópanse en representacións rupestres na área de [[Sabucedo, A Estrada|Sabucedo]], nos [[petróglifo]]s de [[Viladesuso, Oia|Viladesuso]] (na [[Serra da Groba]]), datados no período da [[Idade de Bronce]], ou na diadema de [[Ribadeo]], onde aparecen cabalos montados xunto a crías e guerreiros, do 2500 a.C. ao 2000 a.C.
 
A teoría máis aceptada sobre a orixe do cabalo galego de pura raza sostén que foron os pobos [[celta]]s chegados do norte da [[penínsulaPenínsula Ibérica]], cara os séculos VII e VI a.C., os que introduciron un cabalo de testa pequena e orellas curtas, grupa forte, e pelo basto de cor escura. A eles refírense autores clásicos, como [[Estrabón]], [[Marco Valerio MarcialMarcial]] ou [[Plinio]], ou da época medieval da [[Reconquista]], onde a cría cabalar vencellouse fortemente á actividade colonizadora dos [[mosteiro]]s establecidos durante os séculos [[século X|X]] e [[século XI|XI]] <ref>[http://mediorural.xunta.es/es/areas/gandaria/razas_autoctonas/equina/cabalo_pura_raza_galega/ mediorural.xunta.es]</ref>.
 
Este tronco común foise diferenciando ao longo dos séculos polas condicións ambientais e a intervención de procesos de mestizaxe dando orixe ás diversas razas afíns á galega que se espallan pola fachada atlántica europea dende [[Portugal]] ata [[Escocia]] e [[Islandia]].
Liña 18:
Coa mecanización da [[agricultura]] e o interese preferente por aumentar a poboación de animais destinados á produción de carne, nas últimas décadas do [[século XX]] a poboación de cabalo de monte xeneticamente pura viuse minguada por mor de procesos de mestizaxe. Neste contexto, cara finais da década de [[1980]], a iniciativa de diversos organismos internacionais como [[Nacións Unidas]] e a [[FAO]] ou a entón [[CEE]], promovéronse nas instancias de política agraria diversas iniciativas destinadas á protección e conservación das razas domésticas en perigo de extinción <ref>Pose e col. 2001.</ref>.
 
== Desenvolvemento lexislativo ==
Mentres estudos académicos e universitarios constataban a deterioración e retroceso do estado xenético do cabalo galego de monte, a CEE publicou en [[1992]], no marco da reforma da [[Política Agraria Común]], o Regulamento (CEE) 2078/92 do Consello, do 30 de xuño, polo que se provisionaba unha axuda económica ás iniciativas nos Estados membros en favor da crianza e mantemento de animais de razas locais en perigo de extinción. O novo Regulamento serviu tamén para a constitución do organismo europeo ''Centro de Estudos e de Investigación sobre a Economía e a Organización das Producións Animais'' (CEREOPA) coa finalidade de seleccionar, tras un inventario, aquelas razas de interese en perigo e definir os requisitos para o desenvolvemento das políticas para a súa protección.
 
Liña 25:
O CEREOPA fixo público en [[1994]] a lista europea de razas equinas de especial protección, na que incluíu o cabalo galego de monte e, pouco despois, o Estado español adoptaba o ordenamento comunitario por medio do Real decreto 51/1995, de 20 de xaneiro, que se comezou a aplicar en Galicia a partir de [[1996]]. Con todo, durante o mesmo ano unicamente foron rexistrados cinco exemplares, como resultado das reticencias non resoltas por parte dos gandeiros que vían insuficiente a compensación censal de animais puros, unha perda económica en comparación co cruzamento dos exemplares con outros doutras razas de tamaño medio para a produción de carne <ref>Pose e col. cifraban o diferencial do prezo da carne de entón dun poni de pura raza a outro cruzado en 60 ou 90 euros.</ref>.
 
== Descrición da raza ==
[[Ficheiro:Cabalo galego.jpg|thumb|250px|Cabalo de pura raza galega exposto na [[Semana Verde de Silleda]] (2008)]]
O cabalo de pura raza galega é un cabalo de perfil recto ou subcóncavo, de proporcións pequenas. A alzada á cruz oscila entre os 120 e 140 cm.
Liña 33:
Na cabeza destaca un abundante topete de pelo sobre a fronte. Ten orellas pequenas e abundante pelo. No belfo pode presentar un bigote patente (indicativo da rusticidade da raza) e longos pelos na queixada (''barbela''). A cruz adoita ser marcada e a liña dorsolumbar lixeiramente afundida, tendendo a recta. As patas son curtas, finas pero fortes. O casco é escuro ou negro, pequeno e duro.
 
== Distribución e cría ==
O cabalo de pura raza galega críase fundamentalmente en réxime de liberdade (ó redor do 75% dos exemplares) en [[monte comunal|montes comunais]] das provincias da [[Provincia da Coruña|Coruña]] e [[Provincia de Pontevedra|Pontevedra]], así como no norte da de [[Provincia de Lugo|Lugo]] e algunhas mandas no oeste da de [[Provincia de Ourense|Ourense]]. O terreo axeitado para a cría son as serras abertas, con abundante vexetación arbustiva e escasas árbores e libres da presión humana, espazos nos que se criaba en réxime extensivo, ceibo durante todo o ano. Por tratarse dunha raza rústica, capaz de aproveitar os escasos recursos alimenticios que ofrecen estes ecosistemas e resistir as duras condicións climatolóxicas, desenvólvense e multiplícanse facilmente nestas condicións, onde ningunha raza especializada sobreviviría. O cambio de réxime de cría extensiva cara a estabulación permanente no caso dos exemplares destinados a equitación explica o cambio desde a denominación orixinal de ''Cabalo galego de monte'' á actual de ''Cabalo de Pura Raza Galega'', contemplando así a cría intensiva <ref>Que, contra 2001, era xa do 20% aproximadamente dos exemplares rexistrados.</ref>.
 
Liña 40:
A cría no monte ofrece unha vantaxe secundaria: ó comer na matogueira e actuaren a modo de desborazadores naturais, inflúen positivamente na redución en número e extensión dos incendios forestais. Este valor ecolóxico da presenza do cabalo ceibo no monte súmase ó aproveitamento puramente gandeiro.
 
== Notas ==
<references />
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Pose, H., G. Rivero, A. Fernández, J.L. Viana, G. Santamarina e M. Fernández: "Actuaciones para la conservación del cabalo galego de monte" en ''Archivos de Zootecnia'' 0004-0592 2001 vol 50; num 189-190; pp. 251-258. Dispoñible en [http://www.uco.es/organiza/servicios/publica/az/articulos/2001/18990/pdf/POSE.pdf]
* Fernández Rodríguez, Miguel, e outros: ''Razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción''. Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, 2001.
 
=== Outros artigos ===
* [[Rapa das bestas]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://mediorural.xunta.es/areas/gandaria/razas_autoctonas/equina/cabalo_pura_raza_galega/ Cabalo Pura Raza Galega]
* [http://mediorural.xunta.es/fileadmin/arquivos/gandaria/razas/equina/ficha_cabalo.pdf Ficha técnica en Mediorural.xunta.es]
* [http://www.cabalogalego.com Asociación Pura Raza Cabalo Galego]
* [http://www.cabalogalego.com/morfoloxia.htm Morfoloxía]
* [http://www.cabalogalego.com/galeria_fotos.htm Galería fotográfica]
 
[[Categoría:Artigos destacados sobre Galicia]]