Arte prerrománica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Corribot: Cambiando: ".en.nsula .b.rica�" -> "península Ibérica", segundo petición.; cambios estética
m Corribot: Cambiando: "pen.nsula .b.rica" -> "Península Ibérica", amañando o erro.
Liña 6:
[[Carlomango]] conseguiu unificar unha boa parte da Europa Occidental, cambiando o carácter da monarquía franca cara a unha concepción teocrática na que se fundía o civil e o relixioso como poderes que procedían de [[Deus]] e unha viraxe cara a arte clásica a través da [[arte paleocristiá]] e a [[arte bizantina]]. O programa cultural carolinxio contou coa contribución fundamental da [[Orde de San Bieito|orde bieita]] que creou grandes abadías que servían como focos culturais en torno á igrexa e a sala capitular e que se converteron tamén en núcleos de produción artística.
 
Xa que logo, o termo ''prerrománico'' aplicaríase a todo o lapso comprendido entre mediados do [[século V]] (caída do [[Imperio Romano de Occidente]]) e principios do [[século XI]] (expansión do románico). Aplicaríase a formas como a [[arte ostrogoda]], [[arte longobarda|longobarda]], [[arte carolinxia|carolinxia]] ou a [[arte otoniana|otoniana]]. Estivo representada na [[penínsulaPenínsula Ibérica]] pola [[Arte visigoda]], a [[Arte asturiana]]{{cómpre referencia}}, a [[Arte mozárabe]] e a [[Arte de repoboación]]. En Cataluña, e con anterioridade á románica propiamente dita, aparece unha arquitectura que pode considerarse a súa antecesora nas formas e nas técnicas e que, para diferenciala da prerrománica, foi denominada seguindo as suxestións de Puig i Cadafalch "[[primeiro románico]]".
 
Os materiais construtivos utilizados foron máis ricos cá na arte [[merovinxia]], con preferencia polo [[arco de medio punto]] sobre piares rectangulares ou cuadrangulares e a cuberta de madeira, aínda que tamén se empregou a [[bóveda de canón]].