Hermerico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xandrwijk (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Sueben coin II.jpg|thumb|right|190px|Moeda de ouro sueva datada entre os anos 410 e 500.]]
{{Reis de Galiza}}
'''Hermerico''' (?-[[441]]) foi o primeiro rei [[suevo]] de [[Gallaecia]], reinou dende o [[409]] até o [[438]]. Dirixiu ó seu pobo dende o [[Rin]] até [[Gallaecia]], onde someteu á poboación galaico-romana e asinou un [[foedus]] con [[Imperio Romano|Roma]] mediante o cal establecía o seu reino na [[Lista de provincias romanas|provincia romana]] de [[Gallaecia]] e aceptaba ó emperador como o seu superior ([[410]]). En teoría actuaba como federado de [[Imperio Romano|Roma]] e mantivo a paz con eles, enfrontándose aos [[vándalos]] asdingos que se refuxiaran na Gallaecia logo de seren atacados polo visigodo [[Valia]] e chegaron a pór en dificultades ó exército suevo nos Montes Nerbasos no ano 419 resolvendo Hermerico a situación grazas á axuda de Asterio, conde romano, o que posibilitou a ocupación de toda a Gallaecia mentres os vándalos marchaban cara a [[Bética]]. En [[438]] asociou ó seu fillo [[Requila]] ao trono.
[[Ficheiro:Gallaecia-roman-province.png|thumb|left|250px|Mapa da provincia romana da ''Gallaeciae''', a comezos do século V d.C, inmediatamente anterior á chegada dos [[suevos]].]]