Viriato: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: bg:Вириат
m Corribot: Cambiando: ".en.nsula .b.rica" -> "península Ibérica", segundo petición.
Liña 1:
[[Ficheiro:Nt-Viriato Viseu.jpg|thumb|200px|right|Estatua de Viriato en [[Viseu]], Portugal.]]
'''Viriato''' ([[-180|180 a.C.]] - [[-139|139 a.C.]]) foi un dos líderes da tribo [[Lusitanos|lusitana]] que se enfrontou aos [[Imperio Romano|romanos]] na [[Penínsulapenínsula Ibérica]]. Foi traizoado por un puñado de seguidores por diñeiro. Con todo, despois de morrer Viriato, os seus seguidores foron mortos ou escravizados.
 
Viriato, un pastor e cazador nos Montes Herminios (actual [[Serra da Estrela]]), na Lusitania, foi elixido xefe dos lusitanos. Despois de defender vitoriosamente as súas montañas, Viriato lanzouse decididamente nunha guerra ofensiva. Entra triunfante na [[Hispania Citerior]], (división romana da [[Penínsulapenínsula Ibérica]] en dúas [[provincia]]s, Citerior e [[Hispania Ulterior|Ulterior]], separadas por unha liña perpendicular ao [[río Ebro]] e que pasaba polo ''saltus Castulonensis'' (a actual [[Serra Morena]], en [[Andalucía]]), e lanza ataques sobre as cidades que recoñecen o goberno de [[Roma Antiga|Roma]].
 
En [[-147|147 a.C.]] oponse á rendición dos lusitanos a [[Caio Vetilio]] que os tería cercado no val do [[Betis]], na [[Turdetania]]. Máis tarde derrotaría os romanos no desfiladeiro de Ronda, que separa a planicie do [[Guadalquivir]] da costa marítima da [[Andalucía]], onde viría a matar ao propio Vetilio. Máis tarde, nova vitoria contra as forzas de [[Caio Plaucio]], tomando [[Segóbriga]] e as forzas de [[Claudio Unimano]] que, en [[-147|146 a.C.]] era o gobernador da Hispania Citerior. No ano seguinte as tropas de Viriato voltan a derrotar os romanos comandados por [[Caio Níxidio]].