Diferenzas entre revisións de «Terceiro Estado»

m
Corribot: Cambiando: ".en.nsula .b.rica" -> "península Ibérica", segundo petición.; cambios estética
m (bot Engadido: ca:Tercer estat)
m (Corribot: Cambiando: ".en.nsula .b.rica" -> "península Ibérica", segundo petición.; cambios estética)
O '''Terceiro Estado''' é un dos tres [[estamento]]s básicos da sociedade propia do [[Feudalismo]] e o [[Antigo Réxime]]. Componse da poboación carente dos [[privilexio]]s que gozaban o [[Clero]] e a [[Nobreza]], xa que logo pode ser tamén considerado equivalente ao grupo de '''non privilexiados''' ou de [[peiteiro]]s (os que, particularmente en Castela, están suxeitos ao pago de [[imposto]]s). Tamén pode denominarse como [[pobo]], [[plebe]] (por similitude á división da sociedade romana en [[patricio]]s e [[plebeo]]s), ou [[común]].
 
== Composición ==
Os sectores que compón o Terceiro estado son dous:
* os [[labregos]]: a inmensa maioría da poboación, sometido comunmente a [[servidume]] ou ao [[réxime señorial]]
* a [[burguesía]]: os habitantes das [[cidade]]é, teoricamente libres, da que formaban parte:
** [[artesán]]s de cada oficio, organizados en [[gremio]]s ou [[confraría]]s
** [[comerciante]]s, que tamén se organizaban de forma similar en [[guilda]]s ou [[Hansa]]s que organizaban varias cidades, e reuníanse periodicamente en [[feira]]s
** a [[plebe urbana]] ou xente pobre da cidade
 
Atendendo ao seu nivel económico pode haber grandes diferenzas de riqueza entre os membros do terceiro estado, tanto no campesiñado (entre os ricos [[labrego]]s que poden ser [[propietario]]s ou máis comunmente [[arrendatario]]s de grandes explotacións, [[caseiro]]s, e os [[xornaleiro]]s que non posúen nin sequera os seus propios [[apeiro]]s de labranza) como na burguesía, que adoita subdividirse en [[alta burguesía]] e [[baixa burguesía]] (ou ''popolo grosso'' e ''popolo minuto'' nas cidades italianas). Os membros máis ricos do terceiro estado son moito máis poderosos economicamente que a [[baixa nobreza]] (os [[Fidalgo (nobre)|fidalgofidalgos]]s en Castela) ou o baixo clero, pero non posúen un poder político nin prestixio social equivalente.
 
== Representación ==
Os parlamentos, estados xerais ou cortes de distintos países europeos na Baixa Idade Media mantiveron a representación política do terceiro estado. A pesar de ser o sector maioritario carecían de dereitos e estaban supeditados ás decisións do monarca e do resto de estamentos. A relación entre terceiro estado e [[monarquías autoritarias]] que se forman a partir da [[crise do século XIV|crise feudal]] foi obxecto de debate historiográfico, no sentido de se se apoiaron mutuamente ou a monarquía operou máis ben como [[superestrutura]] dos intereses privilexiados.Perry Anderson ''O estado absoluto''
 
Nos reinos cristiáns da Penínsulapenínsula Ibérica, a representación política do Terceiro Estado nas [[Cortes]] limitábase ás ''cidades con voto en Cortes'' (dezasete nas [[Cortes de Castela e León]]), e dentro delas ao [[patriciado urbano]] que as controlaba, en moitas ocasións membros da nobreza ou burgueses ennobrecidos. A función principal era a concesión e repartición dos impostos, dado que as cidades libres son o principal compoñente do [[reguengo]] (terras suxeitas á xurisdición do rei , sendo o resto [[señorío]] laico ou eclesiástico), comportándose as cidades como un señorío colectivo sobre o territorio que dependía delas (terra ou [[alfoz]]). Os estamentos privilexiados deixaron de ser convocados a cortes, que na Idade Moderna quedaron reducidas tan só aos procuradores das cidades. Nos reinos da [[Coroa de Aragón]], en que a monarquía estaba sometida a un réxime [[pactista]], as cortes tiñan moitas máis atribucións e poder efectivo, ata a súa supresión no século XVIII. As escasas convocatorias que se producen neste século serán conxuntas. As [[Cortes de Cádiz]] de [[1812]] responden xa a unha dinámica revolucionaria que abre a Idade Contemporánea.
 
==O Terceiro Estado e a Revolución==
Segundo [[Sieyès]], no seu panfleto previo á [[Revolución Francesa]] ('''Qu'est-ce que le tiers état?'' [[1789]]) a burguesía ou terceiro estado é o corpo vivo da [[nación]] co que, ao definir a [[soberanía nacional]] se sobreentende que esta debe exercerse sen complexos pola burguesía ([[revolución burguesa]]).
 
== O Terceiro Estado e a Revolución ==
Segundo [[Sieyès]], no seu panfleto previo á [[Revolución Francesa]] ('''Qu'est-ce que le tiers état?'' [[1789]]) a burguesía ou terceiro estado é o corpo vivo da [[nación]] co que, ao definir a [[soberanía nacional]] se sobreentende que esta debe exercerse sen complexos pola burguesía ([[revolución burguesa]]).
 
[[Categoría:Antigo Réxime]]
38.603

edicións