Güyük: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m Inserto imaxe
Liña 1:
[[Ficheiro:Güyük à la fête.jpeg|thumb|Kuyuk.]]
 
'''Güyük Khan'''. Nado en [[1206]] e finado en [[1248]], fillo e sucesor de [[Ögödei]] e neto de [[Genghis Khan]].
 
==Traxectoria==
En [[1233]] conquistou o reino de Dongxia limítrofe con [[Corea]]. Participou na gran invasión do Leste e Centroeuropa dirixida polo xeneral [[Subotai]] onde se enemistou con [[Batu]] Khan, fillo de [[Jochi]], o primoxénito de Genghis Khan. Trala rexencia da súa nai, [[Törgene Khatun]], durante cinco anos e contra os desexos do seu pai, e unha vez neutralizada a manobra militar do fillo pequeno de [[GengisGenghis Khan]], [[Temuge]], foi elixido e entronizado por un multitudinario [[kurultai]] o 24 de agosto de [[1246]]. Asistiron príncipes europeos, armenios, xeorxianos, representantes dos selxúcidas, e do propio [[Califa]] de [[Bagdad]]; pero faltou seu curmán Batu, que estaba consolidando un enorme poder territorial con gran autonomía nas estepas rusas coa súa [[Horda de Ouro]]. Nese kurultai estivo tamén o franciscano [[Xoán de Plano Carpini]] como embaixador do papa [[Inocencio IV]]. Este embaixador solicitoulle que detivese os ataques contra Europa e os reinos cristiáns.
 
En [[1233]] conquistou o reino de Dongxia limítrofe con [[Corea]]. Participou na gran invasión do Leste e Centroeuropa dirixida polo xeneral [[Subotai]] onde se enemistou con [[Batu]] Khan, fillo de [[Jochi]], o primoxénito de Genghis Khan. Trala rexencia da súa nai, [[Törgene Khatun]], durante cinco anos e contra os desexos do seu pai, e unha vez neutralizada a manobra militar do fillo pequeno de [[Gengis Khan]], [[Temuge]], foi elixido e entronizado por un multitudinario [[kurultai]] o 24 de agosto de [[1246]]. Asistiron príncipes europeos, armenios, xeorxianos, representantes dos selxúcidas, e do propio [[Califa]] de [[Bagdad]]; pero faltou seu curmán Batu, que estaba consolidando un enorme poder territorial con gran autonomía nas estepas rusas coa súa [[Horda de Ouro]]. Nese kurultai estivo tamén o franciscano [[Xoán de Plano Carpini]] como embaixador do papa [[Inocencio IV]]. Este embaixador solicitoulle que detivese os ataques contra Europa e os reinos cristiáns.
 
Aumentou os impostos, executou a altos oficiais do anterior goberno que lle resultaron sospeitosos, expresou aos embaixadores europeos as súas pretensións de dominio mundial, autorizou operacións de saqueo en [[Corea]] e puña e quitaba reis en reinos como o de [[Xeorxia]], que acabou dividindo, e no [[Sultanato de Rum]]. Rodeouse para os labores de goberno de cristiáns [[nestorianismo|nestorianos]]. Organizou un gran censo nos seus dominios e fixo do reino armenio de [[Cilicia]] o seu vasalo.