Serra do Suído: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Engadido mapa topográfico da serra e foto dun chozo
Xoacas (conversa | contribucións)
m Lig. int.
Liña 7:
 
==A Serra e o Home==
 
Intúense refuxios do [[paleolítico]], e cóntase con presenza de [[mámoa]]s do período megalítico.
 
A serra do Suído tivo e ten unha grande importancia para os labregos que viven as súas beiras. Aínda hoxe se poden ver os [[chozos do Suído]], que durante séculos foron usados polos poboadores de case tódalas parroquias do Concelloconcello de [[Avión]]. Alá levaban o gando nos veráns, aos sitios que os labregos lles chaman [[sesteiros]]: unhas zonas case que reservadas para o gando de cada aldea. Aínda hoxe existen o sesteiro da Abelenda, do Rodeiro, dos Boeixos, e de case que todos os pobos do arredor. Pódense ver os chozos subindo por unha estrada que se atopa en Neva, ou por outra que hai no lugar de Mangüeiro ou indo do Espiñeiro, na parroquia da [[Amiual, Avión|Amiudal]] cara á Hedreira. Existen tamén [[Foxo de lobo|foxos de lobo]].
 
No alto da serra, vindo de Beariz cara a Pontevedra, está a Portela da Cruz. Nela pódense atopar vestixios dun camiño moi antigo, chamado a Verea, que era unha vía de comunicación moi importante para toda a zona, xa que atravesa todo o Suído e chega ou chegaba cando menos a Graña, xa en [[Provincia de Pontevedra|Pontevedra]]. Suponse que foi parte dun camiño real que se enlazaba con outros que unían [[Castela]] e [[Euskadi]], rematando na [[Coruña]].
 
==Xeoloxía==
 
 
Predominan as rochas de orixe metamórfica, especialmente o granito herciano ben visible nos afloramentos froito da perda dos sedimentos que os cubrían, aínda que tamén se atopan rochas estratificadas como os xistos. As formas son dondas e suaves con numerosos chans nas elevacións (Chan do Libro, Chan de Valdohome, Campo Largo...).
 
Liña 24 ⟶ 21:
 
==Hábitats==
A media ladeira consérvanse fragas autóctonas de gran valor con [[carballo]]s, [[cerquiño]]s e [[bidueiro]]s, [[rascacú]]s, [[loureiro]]s, [[sobreira]]s e [[acivro]]s. Máis arriba, aparecen interesantes formacións herbosas, pasteiros, matogueiras, [[poula]]s, [[queiruga]]s, [[uce]]s, [[piorno]]s e, sobre todo, toxo cuxas chumusas tinguen de amarelo os seus chans e as súas abas. Nas turbeiras encóntranse [[brión]]s como o esfagno e tamén as curiosas orballiñas, diminutas plantas carnívoras que nas súas pegoñentaspegañentas follas atrapan pequenos insectos.
 
Existe unha gran riqueza floral: narciso, paxariños, xunca de algodón, amerelle, dente de can, abrótega, xacinto bravo, violeta, quitamerendas. Entre os mamíferos ademais da raposa, a [[lontra]], o [[teixugo]], a [[xeneta]], o [[xabarín]] e o [[gato bravo]], salienta o dominio do [[lobo]]. Existe unha grande variedade de morcegos. A avifauna é dunha enorme variedade ([[miñato]]s, [[tartaraña]]s, [[falcón]]s, [[bubela]]s, [[merlo rubio]], [[lavandeira]]s, [[aguia albela]]...) chegando a encontrarse exemplares de [[aguia real]] e [[bufo real]]. Entre os réptiles débese citar o sapiño pinto, a estroza, a ra vermella, a [[víbora de seoane]], o [[limpafontes]], a [[saramaganta]], a [[píntega]] ou a [[cobra de auga]].
A media ladeira consérvanse fragas autóctonas de gran valor con [[carballo]]s, [[cerquiño]]s e [[bidueiro]]s, [[rascacú]]s, [[loureiro]]s, [[sobreira]]s e [[acivro]]s. Máis arriba, aparecen interesantes formacións herbosas, pasteiros, matogueiras, [[poula]]s, [[queiruga]]s, [[uce]]s, [[piorno]]s e, sobre todo, toxo cuxas chumusas tinguen de amarelo os seus chans e as súas abas. Nas turbeiras encóntranse [[brión]]s como o esfagno e tamén as curiosas orballiñas, diminutas plantas carnívoras que nas súas pegoñentas follas atrapan pequenos insectos.
 
Os parques eólicos teñen suposto unha grave afección aos hábitashábitats do Suído, malia ser un espazo natural a protexer segundo as normas subsidiarias e complementarias de planeamento de 1991.
Existe unha gran riqueza floral: narciso, paxariños, xunca de algodón, amerelle, dente de can, abrótega, xacinto bravo, violeta, quitamerendas.
 
Entre os mamíferos ademais da raposa, a [[lontra]], o [[teixugo]], a [[xeneta]], o [[xabarín]] e o [[gato bravo]], salienta o dominio do [[lobo]]. Existe unha grande variedade de morcegos.
 
A avifauna é dunha enorme variedade ([[miñato]]s, [[tartaraña]]s, [[falcón]]s, [[bubela]]s, [[merlo rubio]], [[lavandeira]]s, [[aguia albela]]...) chegando a encontrarse exemplares de [[aguia real]] e [[bufo real]].
 
Entre os réptiles débese citar o sapiño pinto, a estroza, a ra vermella, a [[víbora de seoane]], o [[limpafontes]], a [[saramaganta]], a [[píntega]] ou a [[cobra de auga]].
 
Os parques eólicos teñen suposto unha grave afección aos hábitas do Suído, malia ser un espazo natural a protexer segundo as normas subsidiarias e complementarias de planeamento de 1991.
[[Categoría:Serras galegas|Suído]]
 
 
[[es:Sierra del Suído]]