Río Tinto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
m Corribot: Cambiando: ".en.nsula .b.rica" -> "península Ibérica", segundo petición.; cambios estética
Liña 12:
}}
 
O '''Tinto''' é un pequeno río [[Andalucía|andaluz]] de España pertencente á vertente [[Océano Atlántico|atlántica]] da [[Penínsulapenínsula Ibérica]]. A súa lonxitude é de aproximadamente 98 quilómetros.
 
== Percorrido ==
Circunscrito á [[provincia de Huelva]], nace na [[Serra do Padre Caro]], un dos [[cordal|cordais]] da [[Serra Morena]], a 420 metros de altura, cerca de [[Nerva (Huelva)|Nerva]]. Logo de atravesar as comarcas mineiras da provincia, desemboca entre a cidade de [[Huelva]], na beira dereita, e [[Palos de la Frontera]], na esquerda, onde se lle une o [[río Odiel]], que ven pola dereita, conformando entre ambos os dous a denominada Ría de Huelva. Pròximo ao seu nacemento se sitúa o maior xacigo mineiro a ceo aberto de [[Europa]], '''[[Corta Atalaya]]''', que se ven explotando desde época romana.
 
=== Afluentes ===
O afluente máis importante do Tinto é o [[río Nicoba]], que se lle une pola man dereita, no tramo inferior do curso, que baña a poboación de [[Valverde del camino]].
Entre os tributarios menores do Tinto pódense citar:Jarrama, Domingo Rubio, Corumbel, Casa de Valverde e Candón.
 
== Localidades ás beiras ==
Desde o nacemento á foz, localízanse ás beiras do Tinto as seguintes poboacións de certa importancia: [[Minas de Río Tinto]], [[Nerva]], [[Niebla]], [[San Juan del Puerto]], [[Moguer]], [[Huelva]] e [[Palos de la Frontera]]. Cerca desta localidade érguese o famoso [[mosteiro de La Rábida]], xunto con o inmediatamente anterior, un dos lugares emblemáticos na vida de [[Cristovo Colón]].
 
O área da conca do Tinto atinxe 793 km2.
 
== Particularidades hídricas ==
As súas augas vermellas (que xustifican o nome de ''tinto'') caracterízanse por un [[pH]] 2.2, que evidencia unha elevada acidez, o que unido ao alto contido en metais e máis a escaseza de [[Osíxeno molecular|osíxeno]], indican un medio nada favorábel para o desenvolvemento da vida. Porén, tense descuberto que desde antes da aparición do ser humano, nas súas augas especiais vivían microorganismos que se alimentaban tan só de minerais, adaptándose condicións tan extremas. Por iso a [[NASA]] elixiu o río como un hábitat a investigar polas posíbeis similitudes co ambiente do planeta [[Marte (planeta)|Marte]].
 
== Galería ==
<gallery>
Ficheiro:IronInRocksMakeRiverRed.jpg|Rocas piríticas que tinxen o río
Liña 35:
Ficheiro:Nacimiento de Rio Tinto. Huelva.JPG|Nacemento do río Tinto
</gallery>
 
 
 
[[Categoría:Xeografía de Andalucía|Tinto]]