Pobos xermánicos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: id:Orang-orang Jermanik
m Corribot: Cambiando: ".en.nsula .b.rica" -> "península Ibérica", segundo petición.; cambios estética
Liña 24:
Pódese distinguir dúas grandes fases da penetración dos pobos xermánicos no [[Imperio Romano]]:
[[Ficheiro:Grandes invasions Empire romain-fr.svg|thumb|300px|Pobos bárbaros invadiron o Imperio Romano]]
* Primeira fase - Migracións (até o século V): corresponde ao período en que se os pobos bárbaros migraron, de forma lenta e pacifica, aos dominios do Imperio Romano. O propio goberno romano establecía acordos cos pobos bárbaros, permitíndolles fixárense dentro das fronteiras do Imperio. Moitos deses xermanos chegaron a ingresar en unidades auxiliares do exército romano, sumando forzas na defensa das fronteiras de Roma. Algúns xefes bárbaros atinxiron, inclusive, postos de comando, estando incumbidos de misións militares especiais no interese do Imperio. Así, co tempo, ocorreu unha progresiva "xermanización" do exercito romano. Este feito comezou a xerar inquietude entre os romanos, ata tal punto que membros da elite de Roma, tomados polo medo, mostraron ao emperador que "estaban sendo protexidos por un exército composto por homes da mesma raza que os nosos escravos".
 
:No goberno de [[Diocleciano]] (284/305), soldados xermanos pasaron a ser regularmente recrutados para servir nas lexións do Imperio Romano. As autoridades imperiais procuraban rodear as fronteiras de xefes bárbaros aliados, que mantiñan a independencia, os usos e os costumes, pero defendían os intereses romanos diante do mundo xermánico e eran recompensados con diñeiro e terras.
 
* Segunda fase - Invasións (a partir do século V): corresponde ao período en que os pobos bárbaros invadiron o Imperio Romano, por medio de infiltracións ameazadoras, violentas e brutais. O factor de orde externa que mais colaborou para desencadear as invasións xermánicas foi a chegada a [[Europa]], dos [[hunos]], que eran guerreiros extremadamente feroces. Pobo [[nómade]] vindo da [[Asia Central]], por razóns non plenamente esclarecidas, os hunos entraron en conflito con xermanos [[ostrogodos]], aniquilando as súas estruturas sociais. Fuxindo da furia dos hunos, boa parte dos ostrogodos emigrou en dirección ao oeste europeo, para a rexión ocupada por outro grupo de xermanos, os [[visigodos]].
 
Pouco tempo despois, os propios visigodos habían sufrir ataques hunos sen conseguir deter seu avance. O xefe dos visigodos solicitou, entón, ao emperador romano permiso para penetrar nos dominios do imperio. Sen prever as consecuencias de seu acto, o emperador [[Valente]] autorizou a entrada de millares de xermanos, que, así, atravesaron o [[Río Danubio]]. Posteriormente, eses mesmos xermanos decidiron avanzar en dirección ao [[Mediterráneo]], pillando e saqueando aldeas e cidades. Inaugurábase, dese modo, o período das grandes invasións.
Liña 38:
A partir de finais do [[século IV]], presionados polos hunos, pobo nómade vido da [[Asia Central]], as tribos xermánicas migraron en masa e dunha forma non pacífica para o interior do [[Imperio Romano de Occidente]].
 
# [[Suevos]], [[alanos]], [[burgundios]], [[francos]], [[vándalos]] e [[visigodos]] penetraron, saquearon e ocuparon a [[Galia]], a [[Penínsulapenínsula Ibérica]], [[África]] e [[Italia]].
# [[Anglos]], [[saxóns]] e [[xutos]] tomaron a [[Britania (provincia romana)|Britania]].
 
Para defenderen [[Roma]] dos sucesivos ataques de determinadas tribos, os Emperadores recorrían ao auxilio doutros xefes bárbaros, ficando á súa mercede. As invasións xermánicas trouxeron desorde, destrución, fame e pillaxe ao xa decadente Imperio Romano, precipitando a súa desintegración no final do [[século V]].
Liña 52:
A partir do século I de nosa era, pódense distinguir nesa sociedade catro clases sociais:
 
* Nobreza: ocupaba postos de dirección na tribo.
 
* Homes libres: clase composta polos guerreiros portadores de armas e con dereito de expresar as súas opinións nas asembleas.
 
* Homes semilibres: clase constituída por membros de poboacións vencidas en guerra, excluídas do pobo libre polo feito de non pertenceren aos clans tribais.
* Escravos: formados por prisioneiros de guerra, por fillos de escravos e por debedores insolventes.
 
A base da organización social das tribos era a “sipe”, especie de clan formada por familias ligadas por lazos de parentesco. Os seus membros protexíanse mutuamente e a ofensa a un deles atanguía toda a sipe, que practicaba a vinganza colectiva. Na [[guerra]], o [[exército]] era recrutado entre os homes da tribo, maiores de 16 anos.
Liña 89:
 
== Pobos xermánicos ==
* [[godos]]
** [[visigodos]]
** [[ostrogodos]]
* [[suevo]]s
* [[alanos]]
* [[vándalo]]s
** [[asdingos]]
** [[silingos]]
* [[burgundios]]
* [[francos]]
** [[salios]]
** [[ripuarios]]
* [[longobardos]]
* [[hérulos]]
* [[anglos]]
* [[saxóns]]
* [[xutos]]
* [[frisios]]
 
== Véxase tamén ==