Diferenzas entre revisións de «Pius Font i Quer»

m
Corribot: Cambiando: ".en.nsula .b.rica" -> "península Ibérica", segundo petición.; cambios estética
m (bot Engadido: pt:Pius Font i Quer)
m (Corribot: Cambiando: ".en.nsula .b.rica" -> "península Ibérica", segundo petición.; cambios estética)
'''Pius Font i Quer''', nado en [[Lleida]] en [[1888]] e falecido en [[Barcelona]] en [[1964]], foi un [[Botánica|botánico]] ([[taxonomía|taxónomo]] e fitoxeógrafo) así como farmacéutico e químico, que destacou coma un dos nomes máis importantes da ciencia botánica catalá de mediados do [[século XX]]. Foi ademais un gran mestre e un gran divulgador. Nas súas obras en castelán aparece citado cunha versión castelanizada do seu nome: '''Pío Font Quer'''.
 
== Biografía ==
Pasou a súa infancia en [[Manresa]], onde un instituto de ensino secundario leva o seu nome. Doutorouse en Farmacia ([[1914]]) cunha tese sobre a flora do [[Bages]]. Entre outros cargos foi profesor de Farmacia e Botánica na [[Universidade de Barcelona]] e tamén foi profesor na Escola Superior de Agricultura. De 1931 a 1934 foi presidente da Institució Catalá d'Història Natural, unha organización privada moi importante na historia das Ciencias Naturais españolas, cuxa sección botánica encabezou igualmente durante o franquismo ata a súa morte.
 
Membro do [[Institut d'Estudis Catalans]] dende [[1942]] e vicepresidente dos Congresos Internacionais de Botánica de [[París]] ([[1954]]) e [[Edimburgo]] ([[1964]]). En [[1955]] a [[Universidade de Montpeiller]] concedeulle o título de [[Doutor Honoris Causa]].
 
As súas investigacións abarcaron o conxunto da Penínsulapenínsula Ibérica e as rexións montañosas de [[Marrocos]] baixo control español, ás que organizou excursións de recolección entre 1927 e 1932. Destas e outras recoleccións, que lle foron confiadas dende os seus primeiros anos, derivou a magna obra ''Iter Maroccanum'' (1928-1932), unha colección de ''exsiccata'' fundamental para a investigación da flora desa parte do mundo. Traballou con asiduidad nos [[Países Cataláns]], e deles, especialmente na parte meridional do antigo Reino de Valencia, así como en [[Eivissa]] e [[Formentera]], así como nas serras de Andalucía Oriental.
 
Font i Quer participou en diversas obras colectivas e dirixiu algunhas. En particular foi un gran formador (cuxas obras tamén o eran de divulgación) da terminoloxía botánica popular e científica en linguas catalá e castelá. Neste sentido destaca o ''Dicionario de Botánica'' ([[1953]]) grazas ao cal o vocabulario desta ciencia goza en español dun grao de coherencia léxica que adoita faltarlles a outras.
As especies e subespecies que foron dedicadas a Font i Quer levan o epíteto ''fontqueri'', derivado da versión castelanizada do seu apelido.
 
== Obras ==
* Font Quer, P. and Universidad Central (Madrid). (1914). ''Ensayo fitotopográfico de Bages: tesis de doctorado en farmacia''. Mahón, Tipografía Mahonesa.
* Font Quer, P. (1926). ''Illustrationes florae occidentalis: quae ad plantas hispaniae, lusitaniae et mauritaniae, novas vele imperfecte cognitas, spectant.'' Barcelona, Museo de Ciencias Naturales.
* Font Quer, P. (1953). ''Diccionario de botánica.'' Barcelona, Labor.
* Font Quer, P. (1962). ''Plantas medicinales: el Dioscórides renovado.'' Barcelona, Lábor.
* Font Quer, P. (1964). ''Botánica pintoresca.'' Barcelona, Ramón Sopena.
 
[[Categoría:Personalidades da botánica|Font i Quer]]
54.237

edicións