Diferenzas entre revisións de «Sacardebois, Parada de Sil»

m
Desfixéronse as edicións de 88.0.239.129 (conversa); cambiado á última versión feita por Xoacas
Sem resumo de edição
m (Desfixéronse as edicións de 88.0.239.129 (conversa); cambiado á última versión feita por Xoacas)
 
==Lugares de Sacardebois==
{{Lp Sacardebois}}
CASA DE VIANA
Casa Grande, non chega a consideración de pazo, con máis de 500 metros, de perpiaño con palleiras e casa para os criados, forno propio para 15 pans e dúas empanadas; adega, currais, tellado a catro augas, situada na Ribeira Sacra, cunha gran galería, mirando á boca do Canón do Sil; fraga propia con xabarís; acivros, loureiros e nogueiras de resío con simpáticos esquíos por riba da casa; no verán, lagartos e serpes; soutos con castiñeiros centenarios, algúns xa caracochas, de onde pingan as mellores castañas temperás da bisbarra, lameiro e horta con árbores froiteiras ó redor, auga fresca de mananciais das carballeiras da casa e mais auga da traída do regato Mao en toda a finca, doados accesos.
 
Isto non é un anuncio, perdoe vostede esta brincadeira.
 
Dende 1700, está a rezar con letras labradas no lintel dunha estancia: "Venta de panos, hoxe non se fía", pois os moradores actuais seguimos coa mesma: hoxe non se vende e mañá tampouco. O motivo son as pitas.
 
Nun pergamiño, atopado nunha arca de castiñeiro, onde se gardaba a roupa ou as castañas pilongas di: "no mil seiscentos e pico a Casa de Viana da parroquia de Sacardebois pagaba ó Mosteiro de Montederramo unha renda de catro galiñas, en concepto de aforo; obriga que se saldaba tódolos anos, por San Martiño, no Priorado de San Adrián".
 
Seguimos en débeda coas pitas, merecedoras da nosa gratitude, porque, co seu sacrificio, enchendo o bandullo dos freires, gañamos o noso lar.
 
Se lle gustou a casa, dígame cantas galiñas está disposto/a a por encima da mesa?
 
Eduardo Prieto Casares
 
==Parroquias de Parada de Sil==
{{Parada de Sil}}
23.061

edicións