Neolítico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Corribot: Cambiando: ".en.nsula .b.rica" -> "península Ibérica", segundo petición.
Liña 29:
A innovación difundiuse con extrema rapidez e antes do 7.000 a.C. xa se constata ó menos unha gran cidade, [[Xericó]], cunha superficie dunhas catro hectáreas, cunha muralla de pedra e un foso escavado duns 8 metros de ancho por 3 metros de fondo, e con, ó menos, unha gran torre circular de 9 metros de altura, que servía como torre de vixilancia, con escaleira para acceder ó teito e á parte alta da muralla.
 
Esta primeira cultura neolítica (Neolítico pre-oleiro) durou dende aproximadamente o 7.500 a.C. ó 6.500 a.C. e foi substituída por outra "invasión" dende o Norte, de Anatolia, que durou tamén uns mil anos (6.500 ó 5.500 a.C.); seguiu despois outra cultura neolítica procedente tamén do Norte, que subsistiu outros mil anos (5.500-4.500 a.C.). Estas culturas fóronse difundindo por toda [[Eurasia]], acelerándose a difusión despois do 5.000 a.C., data en que pode fixarse o inicio do período Neolítico no continente Europeo, alcanzando pouco despois a Penínsulapenínsula Ibérica.
 
=== A olería ===
[[Ficheiro:Poterie neolithic.JPG|thumb|Alfararía neolítica]]
Nesta época difúndese o uso das pezas de [[olería]], cuxa utilización na Penínsulapenínsula Ibérica é segura, existindo restos do Neolítico Medio.
 
Aparecida a olería, o home intenta decorala. Parece que as primeiras decoracións se facían con cordas, utilizadas a miúdo de reforzo, pero despois se introduciron outras variantes: a acanaladura, o cordón (liña en relevo a modo de corda, lixeiramente debaixo do bordo) e as asas de diversos tipos. A cerámica da época inicial (cara ó 4.000 a.C.) é da chamada de tipo cardial, con incisións de diversos tipos feitas cos dedos o con punzóns o espátulas de óso ou pedra pulida, na arxila branda pero xa moldeada (sen torno evidentemente), antes da cocción. Recibe o nome de cardial por estar producidas a maioría das incisións cun tipo de cuncha chamada “Cardium Edule” (berberecho), da que se deriva o apelativo “cardial”. As incisións, a miúdo combinadas, buscaban efectos simétricos.