Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
+ imaxe
m Corribot: Cambiando: ".en.nsula .b.rica" -> "península Ibérica", segundo petición.; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Ourense museo arqueolóxico 1.jpg|thumb|300px|Fachada do Museo.]]
O '''Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense''' é na actualidade un dos museos provinciais máis importantes da [[Penínsulapenínsula Ibérica]], tanto polos seus fondos como polo propio edificio que ocupa. Localízase no antigo Pazo Episcopal no centro da cidade de [[Ourense]] ao carón da Casa Consistorial e a [[Igrexa de Santa María Nai]], na Praza Maior (Rúa Bispo Carrascosa, 1, Ourense).
 
== Historia ==
O actual museo ten a súa orixe no ano [[1845]] cando a Comisión Provincial de Monumentos creou o '''Museo de Pinturas de Ourense''', que abriu as súas portas o [[1 de novembro]] de [[1846]]. En maio de [[1895]] a propia Comisión decidiu a creación dun Museo arqueolóxico provincial que recollería os fondos do anterior museo así como as pezas arqueolóxicas que se foran atopando na provincia. Foi creado un ano despois, en [[1896]].
 
== O edificio: O Pazo Episcopal ==
[[Ficheiro:Ourense museo arqueolóxico 2.jpg|thumb|250px|Escudo na fachada.]]
A súa sde é o antigo Pazo Episcopal, edificio de [[arquitectura románica|fábrica románica]] iniciado no ano [[1131]], en tempos do bispo [[Diego de Velasco]] e que sufriu diversas transformacións en estilo gótico (Torre de Santa María), renacentista (soportal ao xardín, cuartos...) e barroco (portada, patio dianteiro).
Liña 13:
O Museo ocupa o actual edificio desde o ano [[1951]]. O edificio foi obxecto de estudos arqueolóxicos (o que obrigou a pechar o museo desde o ano [[2002]]) ó aparecer evidencias da ocupación do terreo desde [[Roma antiga|época romana]].
 
== As coleccións ==
[[Ficheiro:Torso de guerreiro.JPG|thumb|200px|Torso fragmentario dunha estatua de guerreiro castrexo.]]
Posúe unha sección de arqueoloxía e unha sección de Belas Artes. Na primeira mostra pezas do mundo [[cultura castrexa|castrexo]] (entre as que destacan as figuras dos ''Guerreiros''), e das épocas romana, prerrománica e medieval. Na segunda mostra esculturas do [[Renacemento]] e [[Barroco]] (como a ''Inmaculada'' de [[Juan de Juni]] ou os taboleiros da sillería de [[Mosteiro de Santa María de Montederramo|Montederramo]]) e pinturas dos séculos XIX e XX.
 
Destacan os seus fondos de achádegos desde o [[megalitismo]], a [[Cultura castrexa]], entre eles as estatuas de Guerreiros castrexos e outros elementos decorativos atopados nos [[castro (poboado)|castrocastros]]s da provincia, ata pezas barrocas, sen esquecer os fondos románicos, góticos e renacentistas que acolle.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.xunta.es/conselle/cultura/patrimonio/museos/mapour/galego/index-galego.htm Páxina oficial do Museo].