Mencía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: pl:Mencia
m Corribot: Cambiando: ".en.nsula .b.rica" -> "península Ibérica", segundo petición.; cambios estética
Liña 1:
[[Mencía]] é o nome dunha variedade ou casta de [[uva]] tinta introducida e cultivada principalmente no noroeste da [[Penínsulapenínsula Ibérica]] desde a época da [[Antiga Roma]]. Tras recuperarse do desastre da epidemia de filoxera de finais do [[século XIX]], que causou unha grave crise económica nas súas áreas tradicionais de cultivo, emprégase para a elaboración de viños recendentes e afrutados, de intenso [[cor]], e con posibilidades de crianza.
 
== Descrición ==
 
A variedade produce [[acio]]s pequenos e compactos. Os [[zume]]s ou [[mosto]]s son incoloros e de sabor neutro, cun elevado contido en [[azucre]]s, pero de baixa acidez, especialmente nos resultantes de froitos de maior maduración. Os [[tinto]]s elaborados con uva mencía, salientan pola súa capacidade de envellecemento, cun padal aveludado característico, sen descoidar as óptimas condicións desta variedade na elaboración de tintos mozos. Os rosados son recendentes e afrutados, vivos, lixeiros e suaves.
 
== Areas de cultivo ==
 
Segundo a Orde APA/1819/2007, pola que se actualiza o anexo V, clasificación das variedades de vide, do [[Real Decreto]] 1472/2000, de [[4 de agosto]], polo que se regula o potencial de produción vitícola, mencía considérase variedade recomendada para as Comunidades autónomas de [[Asturias]], [[Castela e León]] e [[Galicia]], estando recomendada en [[Cantabria]] e [[Castela A Mancha]]. A súa distribución localízase principalmente no [[Bierzo]], así como en áreas do sueste de Galicia, onde se céntra nas [[Denominación de Orixe Ribeira Sacra|denominacións de orixe de Ribeira Sacra]], [[Denominación de Orixe Valdeorras|Valdeorras]] e [[Denominación de Orixe Monterrei|Monterrei]]. Nos terreos de Ribeira Sacra é cultivada en bancada, moitas delas establecidas durante a época romana. Tamén se cultiva en parcelas do norte de [[Portugal]].
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Albariño]]
* [[Vendima]]
 
[[Categoría:Enoloxía]]