Jean-Andoche Junot: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sv:Jean-Andoche Junot
m Corribot: Cambiando: ".en.nsula .b.rica" -> "península Ibérica", segundo petición.; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:General Jean Andoche Junot.jpg|thumb|right|Jean-Andoche Junot]]
'''Jean-Andoche Junot''', duque de [[Abrantes]] alcumado ''la Tempête'' (''O Trebón'') [[23 de outubro]] de [[1771]] en [[Bussy-le-Grand]] — [[29 de xullo]] de [[1813]] en [[Montbard]], foi un xeneral [[Francia - France|francés]].
 
== Biografía ==
De familia bourguesa, comezou estudos de dereito en [[París]] cando comezaba a [[Revolución francesa]]. Enrolouse no exército en [[1790]], no batallón de voluntarios do departamento da [[Côte-d'Or]]. Ascendido rapidemente a sarxento de granadeiros, participou no [[asedio de Toulon]] en [[1793]]. Encontrouse entón con [[Napoléon Bonaparte]] do que sería secretario.
 
No [[13 vendimiario]], da cando a [[campaña de Italia]], Junot distinguíuse polo seu valor, sendo recompensado co encargo de levar ao [[Directorio]] as bandeiras do inimigo e máis co ascenso a coronel. Ferido en [[Lonato]] durante esa campaña, parece que isto mudou seu carácter, que se tornou irritábel. Marchou con Napoleón durante a [[campaña de Exipto]], na cal foi ascendido a [[xeneral de brigada]] desde o momento de pisar terra exipcia. Ferido nun duelo, na campaña, foi capturado polos ingleses, e voltaría a Franza como mutilado. Progresivemente Napoleón foise distanciando do seu xeneral, demasiado temerario para o seu gosto.
 
Junot participou no [[18 Brumario]]. Ao seu regreso a [[Francia - France|Francia]] en [[1801]], foi nomeado [[xeneral de división]] e gobernador de [[París]]. Máis foi tirado do posto polo mesmo Napoleón, quen o enviou a [[Arras]], con a misión de instruír o novo corpo de granadeiros. Como manifestase os seu desacordo, foi mandado en [[1805]] como embaixador en [[Portugal]], aínda que antes chegou a tomar parte na [[batalla de Austerlitz]].
 
A comezos do [[Consulado]], casou con [[Laure Junot d'Abrantès|Laure Permon]].
 
A súa amizade cun banqueiro prexudicouno, ao demandar un empréstamo feito a Bonaparte, polo que foi de contado enviado fóra da Franza en [[1806]], nesta ocasión como gobernador de [[Parma]], e con a misión de afogar unha insurrección. Volto a Franza en [[1807]], recobrou o seu posto de gobernador militar de París, ´mais o seu tren de vida fastuoso e os extravíos de conduta forzaron o seu relevo.
 
As súas extravagancias levárono a un cuarto exilio: foi posto ao mando do exército destinado a invadir [[Portugal]] en [[1807]]. Partindo desde [[Salamanca]] en novembro, tomou [[Lisboa]] a inicios de decembro. Foi entón nomeado duque de Abrantes e gobernador de Portugal. Mais cando os británicos desembarcaron en agosto de 1808, foi derrotado na [[batalla do Vimeiro]] e aillado do resto do exército francés; grazas á asinatura da [[convención de Sintra]] evitou a súa captura. Voltou para Franza. Tornou de novo á [[peninsulapenínsula Ibérica]] en [[1810]], co exército dirixido por [[André Masséna]]; nesta ocasión foi herido de gravidade. Acabaría sendo derrotado polo xeneral británico [[Arthur Wellesley|Wellington]].
 
En [[1809]], estaba con a [[Grande Armée]] (Grande Exército), participando na [[campaña de Austria]]. Colaboraría aínda nas campañas de [[España]] ([[1810]]) e de [[Rusia]] ([[1812]]). Porén o seu estado de saúde mental non era satisfactorio.
Liña 24:
 
Foi o mesmo Napoleón o que lle puxo a alcuña de "''Junot la Tempête''" (Junot o Trebón).
 
 
 
 
 
 
[[Categoría:Revolución Francesa|Junot, Jean-Andoche]]