Idade Antiga de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m Sen referencias
m Corribot: Cambiando: ".en.nsula .b.rica" -> "península Ibérica", segundo petición.; cambios estética
Liña 6:
As primeiras mencións que teñen chamado a atención son a de certas illas, as [[Cassitérides]], nas que abundaba o [[estaño]]. Pero o coñecemento do Occidente foi extremadamente limitado até a época [[helenismo|helenística]]. A primeira referencia é a dun viaxeiro [[Marsella|marsellés]] de fins do [[século -IV|século IV a.C.]], [[Piteas]], quen menciona o cabo [[Nerio]] e a tribo dos [[ártabro]]s. Estas informacións foron recollidas por [[Eratóstenes]] ([[século -III|século III a.C.]]); máis tarde escribiron [[Polibio]] ([[século -II|século II a.C.]]), [[Artemidoro]], [[Posidonio]] e [[Estrabón]] ([[século -I|século I aC]]), [[Plinio]] ([[século I]]) e [[Ptolomeu]] ([[século II]]).
 
A [[indoeuropeización]] do cuadrante norocidental da [[Penínsulapenínsula Ibérica]] durante o [[Idade do Bronce]] foi continuada por elementos se cadra [[céltico]]s durante a [[Idade do Ferro]], a partir do [[século -VI|século VI a.C.]]. Apareceu así a [[Cultura castrexa]], caracterizada polos [[castro (poboado)|castros]] ou citanias, poboados fortificados sen a penas urbanismo. Aínda que por veces ferro e Cultura castrexa se fagan equivalentes, convén distinguir entre os dous conceptos porque a transición entre Bronce e Ferro é ainda bastante descoñecida e non está claro que elementos anteriores pervivíron e de onde proveñen os trazos prototí­picos do mundo castrexo. En efecto, os castros máis antigos datan dos séculos VIII e VII a.C. Esta área cultural ten o seu límite oriental no [[río Navia]] e o [[Bierzo]] e o meridional no [[río Douro]]. Non se deu en ningún momento un proceso de construción de entidades de tipo estatal, xa que se trataba dunha sociedade de tipo [[xentilicio]]. Da lenta fusión por [[aculturación]] entre os mundos castrexo e provincial [[Roma Antiga|romano]] xurde a cultura [[galaico-romano|galaico-romana]].
 
[[Categoría:Idade Antiga de Galicia]]