Microbioloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
correccións
Lameiro (conversa | contribucións)
Tydall --> Tyndall
Liña 51:
Aínda que os descubrimentos de Redi sacudiron por completo todas a crenzas sobre a orixe da vida, a xeración espontánea resultou ser máis resistente do pensado, isto grazas aos agregados de Nedham, os cales falan sobre forzas vitais que animan a materia inerte. Moi a pesar dos descubrimentos de Lazaro Spalanzani a xeración espontánea non se viu soterrada senón ata a chegada de Luís Pasteur e a súa pasteurización.
 
Pasteur descubriu que o aire contiña organismos invisibles que eran os culpables da descomposición dos alimentos. Utilizou un matraz de pescozo de cisne (matraz Pasteur) co cal asegurou un libre fluxo de aire dentro do matraz, pero non un libre fluxo dos microorganismos que este transportaba, quedando atrapados nun filtro dentro do pescozo, con este método asegurou que os alimentos perdurasen durante tempos longos sen botarse a perder. Grazas a isto e aos descubrimentos de Lazaro Spalanzani, a xeración espontánea quedou baixo terra, pero foi John TydallTyndall quen colocou o epitafio.
 
John TydallTyndall estudou física e interesouse moito nos fenómenos da luz, coa que puido estudar as partículas suspendidas no aire e que foron chamadas tempo atrás por Ferdinan Cohen “bacterias”. Tyndall descubriu que estas partículas desviaban a luz e deuse conta de que o proceso de putrefacción estaba estreitamente relacionado coa presenza destas partículas suspendidas.
 
=== A microbioloxía na actualidade ===