Dolores Ibárruri: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Todesfuge (conversa | contribucións)
Xas (conversa | contribucións)
cursivas e lig int
Liña 10:
|cargos = Secretaria Xeral do Partido Comunista de España
}}
 
 
 
'''Dolores Ibárruri Gómez''', coñecida como '''A Pasionaria''', nada en [[Gallarta]] ([[Biscaia]]) o [[9 de decembro]] de [[1895]] e finada en [[Madrid]] o [[12 de novembro]] de [[1989]], foi unha dirixente comunista española.
 
==Traxectoria==
Seu pai, Antonio Ibárruri, era un mineiro vasco, vello militante [[carlismo|carlista]], e súa nai, Dolores Gómez, era de orixe [[Castela|castelá]]. Durante a súa infancia e primeira mocidade Dolores era extremadamente relixiosa, estudou corte e confección e traballou como sirventaserventa nunha familia acomodada. O [[15 de febreiro]] de [[1916]] casou co tamén mineiro e activista obreiro Julián Ruiz e, dous anos máis tarde, participou na folga xeral de agosto, na que foi detido o seu home, polo que, segundo contou ela posteriormente, nunca foi feliz. Despois ingresou no [[Partido Socialista Obrero Español]] ([[PSOE]]) como membro da agrupación da zona mineira de [[Somorrostro]] (Biscaia) e en [[1918]] utilizou por vez primeira o [[pseudónimo]] "La Pasionaria" no artigo "Hipocresía religiosa" publicado en ''El Minero Vizcaíno'' durante a semana de Paixón.
 
Cando en abril de [[1920]] xurdiu o embrión do que nacería o [[Partido Comunista de España]] ([[PCE]]), a agrupación de Somorrostro incorporouse a el, e con ela a propia Ibárruri, impresionados polo triunfo da [[Revolución rusa|Revolución Bolxevique]]. Asistiu, como delegada pola provincia de Biscaia, ao I Congreso do [[PCE]], celebrado en [[1922]], e pasou a integrar o Comité Central do partido en [[1930]]. En setembro de [[1931]], pouco despois da instauración da [[II República]], fixou a súa residencia en [[Madrid]] e formou parte da redacción do órgano de prensa do [[PCE]], "''[[Mundo Obrero]]"''. Despois de ser encarcerada pola súa actividade política dende outubro de [[1931]] ata xaneiro de [[1932]], participou en marzo no congreso do partido en [[Sevilla]], pero despois foi outra vez prendida ata xaneiro de [[1933]]. Un ano despois, en [[1934]] acudiu a [[Moscova]] para participar nunha reunión da [[III Internacional]] (a chamada "Internacional Comunista"). A esta cidade regresaría un ano máis tarde para intervir no VII Congreso de dito organismo, que a elixiu membro suplente do seu Comité Executivo. Este Congreso propugnou a colaboración entre os partidos obreiros e as formacións políticas burguesas de esquerdas, o que facilitou a creación da [[Fronte Popular]] española en xaneiro de [[1936]]. De feito a Pasionaria, nas eleccións de [[1936]], presentouse como candidata desta coalición electoral, saíndo elixida deputada grazas ao triunfo da dita coalición nas eleccións.
 
Durante a [[Guerra Civil]], que comezou en xullo de [[1936]], foi unha importante propagandista, chegando a percorrer a fronte divulgando consignas tan célebrescelebres como a de "¡No pasarán!"<ref>Frase orixinal de [[Petain]] en [[Verdún]]</ref> e "antes morir de pie que vivir de rodillas"<ref>Frase orixinal de [[Emiliano Zapata]]</ref> que a converteron nunha personaxe moi popular entre os defensores do réxime republicano e na principal e carismática portavoz do seu partido. En marzo de [[1939]], tras o golpe de estado do coronel [[Segismundo Casado]], que destituíu a [[JoséJuan Negrín]], o que por aquel entón era presidente da [[II República española]], Dolores Ibárruri comezou o seu longo exilio na [[URSS]]. Nese país sucedeu a [[José Díaz]] como secretaria xeral do [[PCE]] en [[1942]], e en [[1960]] foi substituída á súa vez nese cargo por [[Santiago Carrillo]] para pasar a converterse na presidenta do partido. Coa morte de [[Francisco Franco]] regresou a [[España]] en maio de [[1977]] e, un mes máis tarde, foi elixida deputada ao Congreso para formar parte das Cortes Constituíntes, a primeira sesión das cales presidiu. É autora de memorias e de obras sobre a historia da [[Guerra Civil]] e do [[Partido Comunista de España]].
 
Dolores Ibárruri tivo seis fillos: Ester (1916-1919), Rubén (1921-1942), Amagoya, Azucena e Amaya (estas últimas trillizas nacidas en [[1923]], das que Amagoya morreu ao pouco de nacer e Azucena aos dous anos) e Eva ([[1928]]; morreu aos tres meses). As súas memorias, ''El único camino'', publicáronse en [[1962]].
Liña 27 ⟶ 24:
{{referencias}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://fonotecaderadio.com/html/pasionaria.html ''No pasarán''], audio do discurso da Pasionaria] {{es}}
 
[[Categoría{{DEFAULTSORT:Personalidades da Guerra Civil española|Ibarruri Gomez, Dolores]]}}
[[Categoría:PolíticosPersonalidades comunistas|Ibarrurida Gomez,Guerra DoloresCivil española]]
[[Categoría:Políticos comunistas]]
 
[[bg:Долорес Ибарури]]