Paradoxos de Zenón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
Nonso91 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
{{SenReferencias}}
 
Son unha serie de [[paradoxo]]s, ideados por [[Zenón de Elea]], para apoiar a doutrina de [[Parménides]] de que as sensacións que obtemos do mundo son ilusorias, e concretamente, que non existe o [[movemento]].
 
Liña 42 ⟶ 44:
 
== O paradoxo da frecha ==
Neste paradoxo, lánzase unha [[frecha]]. En cada momento no tempo, a frecha está nunha posición específica, e se ese momento é pequenapequeno abondo, a frecha non ten tempo para se mover, polo que está en [[repouso]] durante ese intre. Ora ben, durante os seguintes períodos de tempo, a frecha tamén estará en repouso polo mesmo motivo. De xeito que a frecha está sempre en repouso: o movemento é imposíbel.
 
Un xeito de resolvelo é observar que, a pesar de que en cada instante a frecha se percibe como en repouso, ''estar en repouso'' é un termo relativo. Non se pode xulgar, observando só un instante calquera, se un obxecto está en repouso. No canto diso, é necesario comparalo con outros instantes adxacentes. Así, se o comparamos con outros instantes, a frecha está en distinta posición da que estaba antes e na que estará despois. Polo tanto, a frecha estase movendo.