Castela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m Corribot: Cambiando: ".en.nsula .b.rica" -> "península Ibérica", segundo petición.; cambios estética
Liña 5:
Así, o nome de Castela empregouse na [[Baixa Idade Media en España|Baixa Idade Media]] para denominar á Coroa de Castela, o conxunto de todos os territorios dos monarcas da [[Monarquía hispánica|Coroa]] (por contraposición ao resto de reis hispánicos, os de [[Coroa de Aragón|Aragón]], [[Reino de Navarra|Navarra]] e [[Portugal]]).
 
== Xeografía ==
Administrativamente Castela non ten recoñecemento oficial, o territorio da rexión de Castela posuía as seguintes provincias:
* A actual Comunidade de [[Comunidade de Madrid|Madrid]].
* As provincias de [[provincia de Ávila|Ávila]], [[provincia de Burgos|Burgos]], [[provincia de Palencia|Palencia]], [[provincia de Segovia|Segovia]], [[provincia de Soria|Soria]] e máis [[provincia de Valladolid|Valladolid]] en [[Castela e León]].
* [[provincia de Cidade Real|Cidade Real]], [[provincia de Cuenca|Cuenca]], [[provincia de Guadalaxara|Guadalaxara]] e máis [[provincia de Toledo|Toledo]] en [[Castela-A Mancha]].
 
Hai un certo movemento en varias provincias, popular e político, que di que non forman parte de Castela as tres provincias do antigo reino de León: [[provincia de León|León]], [[provincia de Salamanca|Salamanca]] e máis [[provincia de Zamora|Zamora]] (as dúas últimas, segundo o momento histórico), incluso certas veces partes de Valladolid e Palencia, que na actualidade si forman parte de Castela e León. Tamén se di que a [[provincia de Albacete]] non é Castela, pois historicamente foi parte da [[Rexión de Murcia]]. Desde certos movementos políticos e culturais incluso se reclaman as comarcas de [[Requena]] e [[Utiel]], actualmente na Comunidade Valenciana, pois historicamente foron parte da provincia de [[Cuenca]].
 
* Poboación: 9.521.132 habitantes (2003).
* Superficie: 150.281 km².
* Densidade de poboación: 63,4 hab/km².
* Cidades importantes: [[Madrid]], [[Valladolid]], [[Burgos]].
 
== Historia ==
Castela xurdiu como condado vasalo do [[reino de León]]. Debe o seu nome á gran cantidade de [[Castelo (fortificación)|castelos]] na zona. No [[século IX]] independizouse de León, aínda que os dous reinos se reunificaron definitivamente no [[século XIII]].
 
Durante a [[Idade Media]], o Reino de Castela foi espallándose cara ao sur, conquistando territorio aos [[árabe]]s. Dende o tempo dos [[Reis Católicos]] dividíase en dúas rexións: Castela a Vella, que correspondía á metade norte e tiña a capital en [[Valladolid]] ou [[Burgos]], e máis Castela a Nova, no sur do Sistema Central e con capital en [[Madrid]].
 
Na época moderna Castela converteuse en nación hexemónica cultural e dominadora económica da Penínsulapenínsula Ibérica. Despois da [[Guerra de Sucesión Española]] confirmouse o [[lingua castelá|castelán]] coma lingua oficial en toda [[España]] e creouse un modelo de estado xacobino baseado no modelo castelán.
 
Ao creárense as autonomías, Castela a Vella perdeu as dúas provincias de fóra da Meseta, A Rioxa (esta terra pertencía, na [[Idade Media]], a [[Navarra]] e foi invadida polos casteláns) e máis [[Cantabria]], e engadiuse a rexión de León, formando [[Castela e León]]. Castela a Nova dividiuse na [[Comunidade de Madrid]], que abranguía soamente a provincia de Madrid, e máis Castela-A Mancha, que gañou a [[provincia de Albacete]], que ata entón formaba parte da Rexión de Murcia.
 
Na actualidade existen algúns partidos nacionalistas casteláns minoritarios, coma [[Tierra Comunera]] (TC) ou [[Izquierda Castellana]] (Iz-Ca), que defenden a unión de todas as comunidades autónomas ''castelás''. Ningún destes partidos ten actualmente representación en ningún dos parlamentos autonómicos.
 
[[Categoría:Castela]]