Cibrán de Cartago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 2:
 
==Traxectoria==
De etnia [[bereber]], era un home culto e rico, profesor de retórica. Segundo el mesmo relata en ''A Donato'', o seu estilo de vida estaba arrastrado polo que trasel denominaba vicios e malos desexos (particularmente a avaricia). Tras a súa conversión, e segundo conta [[Xerome de Estridón]] na súa obra ''De Viris'', entregou todos os seus bens aos pobres. Ao pouco tempo de achegarse ao [[cristianismo]] foi ordeado presbítero e bispo de [[Cartago]], isto último por aclamación popular no ano 248.
 
Durante a persecución de [[Decio]] fuxiu de Cartago, pero seguiu dirxindo a súa comunidade dende o seu refuxio. Nembargantes, os seus inimigos acusárono a [[Roma]], por covardía e abandono, recibindo a amonestación do [[Papa]]. Pasada a persecución, produciuse un cisma na súa igrexa entre os que defendían a acollida e o perdón aos que abxuraran da súa fe por temor á persecución e os que puñan trabas ao retorno á comunidade deses fieis máis febles (os denominados ''lapsi'']: caídos). Cibrán convocou un concilio en Cartago, que esixiu un serio arrepentimento e que para aqueles que chegaran a render culto ao Emperador só habería unha admisión na proximidade da súa morte. O debate foi tan intenso que os partidarios da misericordia sen condicións elixiron un novo bispo chamado Fortunato. Pola súa banda os partidarios dunha dura inflexibilidade proclamaron bispo a Máximo. Isto colocou a Cibrán nunha posición de moderación entre as dúas posiciónscorrentes: suavizou as condicións para os arrepentidos pero os cregos que abxuraran no poderían voltar a desempeñar os seus cargos. A súa posición fortaleceuse cando tras unha gran plaga de tifus e a consecuente fame, se volcou na pregaria e na atención aos esfameados e necesitados. Animou aos cristiáns a socorrer aos paganos.
 
As polémicas non remataron aí. Posteriormente enfrontouse ao papaPapa [[Estevo I]] cando este admitiu a validez do [[bautismo]] impartido polos herexes. Para Cibrao a herexía era máis danina que a persecución e a tortura, pois estas reafirmaban a fe pero a herexía a desdebuxaba. Cibrán resultou ser máis duro na defensa da unidade da fe e da Igrexa que o propio bispo de Roma, que reivindicou para si a autoridade de [[Pedro, papa]] e desautorizou o radicalismo das comunidades africanas. Cibrán defendeu con contundencia as tradicións da súa igrexa cartaxinense. Paradoxalmente, unha nova herexía o [[donatismo]] acubillaríase nos escritos de Cibrán nestas desputas co papado.
 
Finalmente unha nova persecución cohesionaría a posición dos bispos. O Emperador [[Valeriano]] decretou a obriga para os cristiáns de sacrificar na súa honra o que desembocou na execución do papa [[Estevo I]] e o seu sucesor [[Sisto II]]. Nesta ocasión Cibrán non fuxiría: confesou a súa fe perante o procónsul Aspasius Paternus e foi desterrado a Cucubis no ano [[257]]. Un ano despois foi confinado na súa propia vila. O 15 de setembro do 258 o proconsul [[Galerio]] condenábao a morrer á espada.
 
==Pensamento==
Gran admirador de [[Tertuliano]], tíñao como mestre e fonte de inspiración aínda que se afastaba del nalgúns puntos do seu pensamento.
Cibrán non abordou a especulación nin se elevou ata grandes tratados doutrinais, os seus escritos están ateigados de preocupacións prácticas cotiás na axitada vida das comunidades cristiáns da época. Gran admirador de [[Tertuliano]], tíñao como mestre e fonte de inspiración, aínda que se afastaba del nalgúns puntos do seu pensamento. Condeou o espectáculo da loita entre gladiadores, demandou dos crentes xenerosidade no auxilio dos marxinados e solidariedade cos paganos, teimaba en que a oración cristiá era comunitaria e afastada do individualismo e pregaba por todos os homes (é célebre o seu comentario sobre o [[Noso Pai]]). A súa principal obsesión foi a defensa da unidade da Igrexa universal (unha era a fe e un o pobo crente cimentado na concordia), o que non foi óbvice para que se amosara a prol da identidade da súa Igrexa africana. Louvou a virtude da humildade e a coherencia ata o martirio. As súas cartas son de grande utilidade para coñecer o [[latín]] común.
 
[[Categoría: Santos]]