Britanos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: is:Fornbretar
m Corribot: Cambiando: ".en.nsula .b.rica" -> "península Ibérica", segundo petición.; cambios estética
Liña 3:
O nome '''bretóns''' (en latin Britanni) designa ante todo os habitantes da illa de Bretaña (en latín [[Britannia]]), ou máis exactamente que habitaban a parte da illa limitada ao Norte polos ríos [[río Clyde|Clyde]] e [[río Forth|Forth]] (en [[Escocia]] hoxe).
 
== Outros habitantes de Bretaña ==
Os outros habitantes da illa nese momento eran, ao norte destes ríos, os ''Caledonios, Maeatae, Attacotti etc.'', ou, logo, a confederación dos [[Pictos]]; e sobre as costas galesas, os Hiberni, ou [[Gaels]] de Irlanda. Máis tarde chegaron os [[Anglos (pobo)|Anglos]] e os [[Saxóns]], asentados en inicio nas costas do Leste; os [[Escotos]], vidos de Irlanda, e situados na parte occidental da [[Caledonia]].
 
Deste xeito, a definición abre a dupla cuestión do poboamento da illa de Bretaña, e do «carácter céltico» dese poboamento. Tal cuestión debe considerarse para dous períodos distintos que duran perto de mil anos: durante a prehistoria e a protohistoria da illa, antes da conquista romana dunha banda; durante a Alta Idade Media doutra banda.
 
== Orixes prehistóricas ==
[[Ficheiro:Britonia6hcentury.png|thumb|right|200px|Mapa dos asentamentos bretóns arredor do século VI d.C.]]
Os '''bretóns''', é dicer os antigos habitantes de [[Gran Bretaña]], na época inmediatamente anterior á conquista romana, comprendían numerosas tribos e pobos, cun carácter céltico comprobado, nomeadamente no Sur da illa e na foz do [[río Támese]] ; entanto «cando e como as illas –Bretaña e Irlanda– se celtizaran é descoñecido» (Barry Raftery).
Liña 20:
Sen dúbida, salvo a posibilidade de incursións episódicas desde o continente (Norte da Gaule, litoral atlántico), o poboamento das Illas británicas afunde as súas raíces na [[Prehistoria]].
 
== Migracións célticas na [[Alta Idade Media]] ==
A partir de mediados do [[século V]], novos invasores xermánicos, os [[Anglosaxóns]] desprazaron progresivamente os bretóns do Sur e do Leste para o Oeste da illa de Bretaña, mentres os irlandeses efectuaban ataques sobre a costa occidental de Bretaña (foi con ocasión dun destes ataques cando foi capturado [[San Patricio]] que era bretón). Acabaron por fundar verdadeiros principados nas costas galesas e escocesas. Se os primeiros foran a final esmagados, os segundos fundaran a Escocia pola fusión do Dal Radia cos reinos britónicos do Norte. Durante este período, sobre o cal faltan fontes fiábeis (son as « épocas escuras » ou ''Dark Ages'' da [[historiografía]] inglesa), as poboacións celtas pouco romanizadas estabeleceran numeroso « reinos célticos » na illa, nomeadamente no [[País de Gales]], entanto outros emigraran para [[Irlanda]]. De resto, nisto áchase probabelmente a causa primeira, dunha emigración en mase de bretóns cara a península [[Armórica|armoricana]], que de aí acabou tomando o nome de [[Bretaña]]. Outra parte, menor, chegou a atinxir as costas setentrionais da [[Galiza]], na [[Penínsulapenínsula Ibérica]], onde fica documentado un bispo [[Mailoc]] ou Maeloc, posibelmente do celta ''Mach Low'' (latinizado [[Maclou]] na [[Galia]]), e onde fundan o bispado-[[Diocese de Britonia]], que lembra o seu país de orixe, e que se acostuma identificar con a actual [[Bretoña]], no concello de lucense de [[A Pastoriza]] (hai ademais varias Bretoñas máis na Galiza, que sen dúbida teñen a mesma orixe).
 
[[Categoría:Historia Antiga]]