Cibrán de Cartago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "'''Cibrán de Cartago''', finado no ano 258, bispo e mártir, está considerado como un dos Pais da Igrexa occidental. ==Traxectoria== De etnia bereber, era un home culto e ..."
 
Liña 2:
 
==Traxectoria==
De etnia bereber, era un home culto e rico, profesor de retórica, que tras a súa conversión, e segundo conta [[Xerome de Estridón]] na súa obra ''De Viris'', entregou todos os seus bens aos pobres. Ao pouco tempo de achegarse ao [[cristianismo]] foi ordeado presbítero e bispo de [[Cartago]], isto último por aclamación popular no ano 248.

Durante a persecución de [[Decio]] fuxiu de Cartago, pero seguiu dirxindo a súa comunidade dende o seu refuxio. Nembargantes, os seus inimigos acusárono a [[Roma]], por covardía e abandono, recibindo a amonestación do [[Papa]]. Pasada a persecución, produciuse un cisma na súa igrexa entre os que defendían a acollida e o perdón aos que abxuraran da súa fe por temor á persecución e os que puñan trabas ao retorno á comunidade deses fieis máis febles (os denominados ''lapsi'']. Cibrán convocou un concilio en Cartago, que esixiu un serio arrepentimento e que para aqueles que chegaran a render culto ao Emperador só habería unha admisión na proximidade da súa morte. O debate foi tan intenso que os partidarios da misericordia sen condicións elixiron un novo bispo chamado Fortunato. Pola súa banda os partidarios dunha dura inflexibilidade proclamaron bispo a Máximo. Isto colocou a Cibrán nunha posición de moderación entre as dúas posicións: suavizou as condicións para os arrepentidos pero os cregos que abxuraran no poderían voltar a desempeñar os seus cargos. A súa posición fortaleceuse cando tras unha gran plaga e a consecuente fame, se volcou na pregaria e na atención aos esfameados e necesitados.
 
As polémicas non remataron aí. Posteriormente enfrontouse ao papa [[Estevo I]] cando este admitiu a validez do [[bautismo]] impartido polos herexes. Para Cibrao a herexía era máis danina que a persecución e a tortura, pois estas reafirmaban a fe pero a herexía a desdebuxaba. Cibrán resultou ser máis duro na defensa da unidade da fe e da Igrexa que o propio bispo de Roma, que reivindicou para si a autoridade de [[Pedro, papa]] e desautorizou o radicalismo das comunidades africanas. Paradoxalmente, unha nova herexía o [[donatismo]] acubillaríase nos escritos de Cibrán nestas desputas co papado.
 
Finalmente unha nova persecución cohesionaría a posición dos bispos. O Emperador [[Valeriano]] decretou a obriga para os cristiáns de sacrificar na súa honra o que desembocou na execución do papa [[EsteboEstevo I]] e o seu sucesor [[SixtoSisto II]]. Nesta ocasión Cibrán non fuxiría: confesou a súa fe perante o procónsul Aspasius Paternus e foi desterrado a Cucubis no ano [[257]]. Un ano despois foi confinado na súa propia vila. O 15 de setembro do 258 o proconsul [[Galerio]] condenábao a morrer á espada.
 
Gran admirador de [[Tertuliano]], tíñao como mestre e fonte de inspiración aínda que se afastaba del nalgúns puntos do seu pensamento.