Partido Socialista Galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Xas (conversa | contribucións)
→‎Historia: lig int
Liña 24:
 
==Historia==
Durante a primeira época un dos principais obxectivos do PSG foi establecer relacións con outros partidos socialistas europeos<ref>Miguel Anxo Fernández Baz, ''A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1984)'', Santiago de Compostela, 2003, páx. 41</ref>, acudiron a xuntanzas en Italia e Francia con outros partidos e estableceron unha relación estreita co [[Moviment Socialista de Catalunya]] e grazas á súa colaboración en [[1965]] comezou a editar en [[Perpiñán]] o seu voceiro ''Adiante'', e dende [[1969]] edítouseeditouse en Galicia co nome de ''[[Galicia Socialista]]''. Pero nos últimos anos da década o PSG deixou de ter actividade pública.<ref>Francisco Pillado e Miguel Anxo Fernán-Vello, ''Conversas con Xosé Manuel Beiras'', Santiago de Compostela, 1989, páx. 171</ref>
 
Para activar o partido en 1970 conformouse unha dirección colexiada que lle deu unha difernete análise estratéxica e ideolóxica cun maior énfase no carácter nacionalista do PSG, en [[1972]] o PSG elixiu como secretario xeral a Xosé Manuel Beiras, e asumiu como súa a teoría do [[colonialismo interior]]. En 1974 o PSG participou na [[Conferencia Socialista Ibérica]] co [[PSOE]], [[Moviment Socialista de Catalunya]], [[Partit Socialista del País Valencià]] e a [[Unión Sindical Obreira]], que en [[1976]], xa sen o PSOE, se transformou na [[Federación de Partidos Socialistas]].
 
En [[1975]] integrouse no seo do PSG o [[Movemento Socialista de Galicia]] de [[Álvarez Gándara]] e [[González Amadiós]]. Os malos resultados das eleccións xerais de 1977 e as presións do PSOE esfarelaron a FPS e o PSG entrou en crise, Beiras saiusaíu da dirección, entrou unha dirección colexiada con Valentín Arias como coordinador, e os partidarios de se achegar ao PSOE plasmado no manifesto coñecido como Documento dos 19 formaron o [[2 de abril]] de [[1978]] o Colectivo Socialista-PSG, liderado por Rodríguez Pardo, [[Ceferino Díaz]] e [[Fernando González Laxe]], que agrupaba arredor de 100 militantes. A dirección do PSG optou por expulsar ao colectivo, que acabou integrándose no PSOE.
 
O PSG participou na constitución de [[Unidade Galega]] para se presentar ás eleccións xerais e municipais de [[1979]], pero a diferenza do resto de partidos integrantes de UG negouse a entrar na [[Comisión dos 16]], que tiña que elaborar o proxecto de [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981]].
Liña 34:
No II Congreso de xuño de [[1980]] desbotouse a posibilidade de confluír co [[Partido Obreiro Galego]], pero apoiouse a creación da [[Mesa de Forzas Políticas Galegas]] co [[BNPG]], co programa das [[Bases constitucionais de 1976]]. Esta decisión de se achegar ao BNPG levou a un forte descontento no seo do PSG que provocou a saída dun grupo de militantes, arredor de 50 entre eles os históricos Valentín Arias e Mario Orxales<ref>[[Manuel Rivas]], ''Crise en Unidade Galega, rebumbio na esquerda'', ''Man Común'' 1, 1980</ref>.
 
Para as [[eleccións autonómicas de 1981]] acodiuacudiu en coalición electoral co BNPG; dos tres deputados elixidos, [[Claudio López Garrido]] era militante do PSG. Cando se formou o BNG, o PSG integrouse nel, pero no congreso extraorinarioextraordinario do [[15 de xaneiro]] de [[1983]] decidiu abandonalo, o que provocou a escisión do PSG. Unha parte ingresou no BNG como [[Colectivo Socialista]] tras a decisión do PSG de concorrer en solitario ás eleccións municipais de 1983 e o resto, liderado unha secretaria colexidacolexiada na que estaban [[Domingos Merino]], [[Claudio López Garrido]], [[Lois Mazás]] ou [[Xosé Paz]] fusionouse con [[Esquerda Galega]] en [[1984]] formando o [[PSG-EG]].
 
==Militantes==