Diferenzas entre revisións de «Torre dos Moreno»

sen resumo de edición
A '''torre dos Moreno''' é unha [[casa de indianos]] situada en [[Ribadeo]], na praza de España e na rúa de Ibáñez. Foi mandada construír por [[Pedro e Juan Moreno|Pedro e Juan Moreno Ulloa]] en 1915 e deseñada polo [[arquitecto]] [[Julián García Núñez]] e o [[enxeñaría|enxeñeiro]] [[Ángel Ardex]]. Cun certo aquel ecléctico, pódese considerar de estilo [[modernismo|modernista]], cimentado sobre unha estrutura mixta de [[formigón]] e [[ferro]].
 
[[Ficheiro:Cantondeb2.JPG|thumb|left|Vista artísciaartística da 'Torre dos Moreno', recollida nunha publicación da época, Bandera Católica ([[1 de setembro]] de [[1916]])]]
 
Conta con diversos adornos, como [[alicatado]]s, [[mármore]]s, [[vidreira]]s, [[greca]]s, tellado con [[tella]]s de [[porcelana]] (cerámica vidrada) de cor vermella ou [[pilastra]]s. A [[cúpula]] da torre principal está mantida por catro [[cariátide]]s. A planta ten 950m², e o solar, 1050m² (medidas tomadas usando SIXPAC) Consta de baixo, tres plantas e baixocuberta, a parte do saínte da torre principal. Leváronse a cabo varias restauracións parciais, que polo momento case só aseguraron o non avance do deterioro do edificio.
 
==Ligazóns externas==
*[[http://www.facebook.com/album.php?aid=52798&id=161866920503587&fbid=165123850177894 Galería de fotos]]
*[[http://www.facebook.com/photo.php?pid=668903&id=1833413004#!/pages/Salvemos-a-Torre-dos-Moreno/360983637112 Salvemos a Torre dos Moreno, grupo en Facebook]]
 
[[Categoría:Casas de Indianos de Galicia]]
42.198

edicións