Diferenzas entre revisións de «Especiación»

Os modelos de especiación axúdannos a entender como e por que se pode producir o illamento reprodutivo entre dúas poboacións que inicialmente eran compatibles e finalmente se separan constituíndo especies distintas.
 
A [[Neodarwinismo|Teoría Neodarwinista]] desenvolveu modelos de especiación para interpretar como as novas especies traspasan a liña de descontinuidade reprodutiva. As relacións xeográficas, morfolóxicas e xenéticas entre poboacións e especies próximas conducironamo a postulardaniel basicamentea treshector tiposa principaisooooscar el de especiación:la obra y a muchoa mas
hahahabasicamente tres tipos principais de especiación:
 
*'''Especiación Alopátrica''' (noutra patria): É a especiación que resulta da aparición de barreiras reprodutoras entre poboacións xeograficamente separadas, ó evolucionar ditas poboacións independentemente e adaptárense ós seus novos contornos. Esta separación debe ser grande abondo, ou as barreiras naturais ([[accidente xeográfico|accidentes xeográficos]]) o bastante importantes, como para evitar calquera migración efectiva, posto que un único inmigrante por xeración pode impedir que as subpoboacións acaben diferenciándose en novas especies. Existen dous grandes patróns de especiación alopátrica, ambos modelos propostos por Ernst Mayr:
Usuario anónimo