Modernismo catalán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Nonso91 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Sagradafamilia-overview.jpg|thumb|[[Templo Expiatorio da Sagrada Familia]] en Barcelona.]]
O '''modernismo catalán''' ou ''modernisme'' é un [[arquitectura|estilo arquitectónico]] que se desenvolvedesenvolveu en [[Cataluña]] ([[España]]) e principalmente en [[Barcelona]], ao longo duns 50 anos, entre [[1880]] e [[1930]]. Aínda que é parte dunha [[modernismo|corrente xeneralxeral]] que xorde en toda [[Europa]], en Cataluña adquire unha personalidade propia e diferenciada, e convértese no modernismo probablemente máis desenvolvido.
 
A finais do [[século XIX]] xorden en Europa tendencias arquitectónicas que rompen cos criterios tradicionais e buscan novas formas de edificaredificaren con miras ao [[século XX]], que dan gran relevancia á estética. Este movemento é consecuencia da [[Revolución Industrial]], que foi arraigando nos diversos países, e dos avances derivados dela, como a [[electricidade]], o [[ferrocarril]] e a [[máquina de vapor]], que cambiaron de maneira total a forma de vivir da poboación e orixinaron un crecemento das cidades, nas que se foron establecendo industrias que rexentan un número crecente de burgueses. O modernismo é, pois, un estilo urbano e burgués.
 
O modernismo rexeita o estilo pouco atractivo da arquitectura industrial da primeira metade do [[século XIX]], e desenvolve novos conceptos arquitectónicos baseados na [[Natureza]], que consisten nos materiais de construción que se empregan, nas formas dos edificios e nas figuras das súas fachadas. Os arquitectos e os seus escultores colocan no exterior dos edificios paxaros, bolboretas, follas e flores a modo de elementos decorativos, xa sexa como figuras encostadas ou como adorno da pedra ou cerámica. Tamén son penduradas figuras de tamaño maior, animais fabulosos ou persoas, e nas [[cornixa]]s elementos de cerámica de cor. As fiestras e os balcóns dispóndispoñen de reixas de ferro forxado, que son labradas artisticamente e conteñen motivos inspirados na Natureza.
 
O desenvolvemento do modernismo é fomentado en [[Cataluña]] pola [[burguesía]], que se sente catalá e é culta e sensible á [[arte]]. Esta burguesía ve nesta nova arquitectura o xeito de satisfacer as súas ansias de modernización, de expresar a súa identidade catalá, e de pór de manifesto de xeito discreto a súa riqueza e a súa distinción.