Atanasio de Alexandría: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: az:Afanasi
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: hy:Աթանաս Ալեքսանդրացի; cambios estética
Liña 5:
Tivo unha infancia turbada polas derradeiras [[persecucións]] promovidas polo emperador [[Maximiliano]] contra os cristiáns. Lector e [[diácono]], foi conselleiro fiel do arcebispo de Alexandría [[Alexandre I, arcebispo de Alexandría|Alexandre]], a quen acompañou no [[Concilio de Nicea]], onde se proclamou o [[dogma]] na divindade do [[Verbo]], do Fillo de Deus, ''homoousios'', da mesma esencia que o [[Deus Pai]], [[encarnación|encarnado]] no home [[Xesús de Nazareth]], salvador da humanidade da escravitude do pecado e da morte. Mais lonxe de acadarse a unidade, as discusións dogmáticas non fixeron senón exacerbarse.
 
== Disputas e desterros ==
 
Á morte de Alexandre, no ano 328, foi elixido bispo da cidade máis culta do [[Imperio romano]], onde as disputas teolóxicas acadaban especial virulencia e desorientaban e dividían ao pobo cristián. [[Ario]] negaba a divindade do Verbo, para el o Fillo de Deus era unha criatura e, xa que logo, en Xesús falara, amara á humanidade e se entregara á morte, non Deus mesmo, senón un mediador creado por El.
Liña 29:
No ano [[362]] subía ao poder un emperador inimigo do cristianismo e partidario da restauración do [[paganismo]] [[Xuliano o Apóstata]]. Atanasio negouse a colaborar no que para el era a volta á [[idolatría]] e novamente foi desterrado, abandonando a cidade entre o adeus dunha desconsolada multitude que ameazaba cun levantamento violento. A esta calmouna e consolouna dicindo que a súa nova marcha era unha ''nube pasaxeira'', como así foi, pero o novo emperador [[Valente]] volveríao a desterrar unha vez máis chegando a sumar en total 17 anos de desterro que non conseguiron dobregar a súa tenacidade.
 
== Ensinanzas ==
Toda a obra de Atanasio pode concentrarse nesta frase súa extractada: ''O Verbo de Deus, apiadado da raza humana, compadecido da nosa debilidade, condescendente coa nosa corrupción, non aceptando que a morte dominase sobre nós, para que non perecese o que comezara e para que non fose inútil a obra do Pai, tomou un corpo, un corpo que non é diferente ao noso... O Verbo fíxose home para que nos fixésemos Deus; fíxose visíbel polo seu corpo para que teñamos unha idea do Pai invisíbel; aturou as aldraxes para que teñamos parte na inmortalidade''.
 
Liña 36:
O seu relato sobre a vida de [[Antonio Abade]], supuxo un pulo decisivo do monacato. O seu retrato do [[monxe]] exipcio como un home avezado nas loitas contra [[Satán]], admirado pola súa bondade, humildade equilibrio e ascetismo e como vencedor de todas as tentacións demoníacas: a gloria, o poder, a luxuria, a anguria, a tristura e a desesperación, fixeron del unha das figuras claves do [[cristianismo]] popular.
 
== Obras ==
* Escritos apoloxéticos e dogmáticos:
:''Tratado contra os xentís.''
:''Tratado sobre a encarnación do Verbo.''
Liña 43:
:''Apoloxía contra os arianos.''
:''Apoloxía ao emperador Constancio.''
* Escritos histórico-polémicos:
:''Apoloxía da súa fuxida.''
:''Historia dos arianos.''
* Escritos esexéticos e ascéticos:
:''Comentarios aos [[Salmos]].''
:''Comentarios ao [[Xénese]].''
:''Comentarios ao [[Cantar dos Cantares]].''
:''[[Vida de Antonio]].''
* Cartas.
 
[[Categoría:Padres da Igrexa]]
Liña 74:
[[hr:Atanazije Aleksandrijski]]
[[hu:Nagy Szent Atanáz]]
[[hy:Աթանաս Ալեքսանդրացի]]
[[id:Athanasius]]
[[it:Atanasio di Alessandria]]