Baza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ja:バサ Modificado: tr:Baza, Granada
m Corribot: Cambiando: ".en.nsula .b.rica�" -> "península Ibérica", segundo petición.; cambios estética
Liña 6:
A cidade foi identificada con a antiga [[Basti]], capital do pobo prerromano dos [[bastetanos]], da que se coida que o nome actual é unha continuación, con troca do grupo consonántico -st- > -z-, como se observa noutros casos.
 
== Patrimonio monumental ==
A grande antigüidade de Baza propiciou a formación dun extenso legado monumental do que cómpre destacar:
 
* '''Alcazaba''', no casco histórico, sobre a antiga medina. Fica só unha parte do gran recinto que foi, con fases que remontan aos séculos XI-XII, outras do XV e as derradeiras do XVI.
 
* ''Baños da Xudaría'' ou baños árabes, a pesar do seu nome posibelmente tardíos. Constitúen un dos exemplos máis antigos de baños urbanos na Penínsulapenínsula Ibérica. Áchanse situados nun soto dunha vivenda, preto da Porta de Salomón. "Redescubertos" en 1975, foron restaurados e declarados Monumento Nacional.
 
* Conxunto monumental da '''Praza Maior''', con varias edificacións: a '''Concatedral''', do século XVI; o antigo '''Cárcere''', do século XVIII; o antigo '''Seminario Maior''', con elementos mudéxares; o [[Museo Municipal]] (antiga Casa do Concello) do [[século XVI]], e aínda o Casino Bastetano do século XIX.
Liña 25:
* '''Balconadas de Palo''', son dúas casas mudéxares do século XVI nos límites do arrabalde de Algedid. Posúen uns balcóns de madeira sobre [[canzorro]]s con [[Pé-dereito|pés-dereitos]] e [[celosía]]s.
 
* '''Casa das Antigas Carnicerías''', outro exemplo de arquitectura mudéxar, con balconada de estrutura semellante á das casas anteditas.
 
* '''Pazo do Infantado''', con fachada de perpiaño e poucos ocos, destacando a súa decoración plateresca e heráldica.
Liña 39:
* '''Praceta dos mouriscos''' ou de "as tetas", no barrio de San Juan, coa Casa das Tetas, casa de estilo mudéxar, da que ven o nome popular do sitio.
 
=== Edificacións relixiosas ===
 
* '''Concatedral''' ou '''[[Igrexa Maior]]''', levantada sobre a antiga mesquita da alxama musulmá. Comezada en 1529, en estilo gótico, foi destruída por un terremoto en 1531, reedificándose en estilo renacentista por [[Alonso de Covarrubias]]. Conta con tres naves cubertas con [[bóveda]]s de crucería e [[deambulatorio]].
 
* '''Claustro do antigo Convento de San Francisco''', parte do claustro do desaparecido convento de San Francisco (século XVI) A principios da década de 1980 foi levado para o seu emprazamento actual no recinto da Alcazaba.
 
* '''Ermida de San Marcos ''' ou do ''Humilladero''. Das poucas ermidas que se conservan das varias construídas tras a conquista cristiá. De estilo barroco, salientan as dúas cúpulas de media laranxa da cuberta.
Liña 51:
* '''Ermida de San Sebastián'''
 
* '''Igrexa e convento de Santo Domingo'''. Aínda que moi transformados e parcialmente destruídos, tanto a igrexa como o convento despois da súa desamortización, conservan elementos importantes deste conxunto construído a comezos do século XVII a igrexa construíuse entre 1608 e 1617). De todo o conxunto sobrancea moi especialmente o seu claustro con dúas ordes de arcadas sobre columnas toscanas. Tamén son de salientar a escaleira monumental desde a que sea accede ao interior do antigo convento, cuberta pola cúpula, e a portada da igrexa.
 
* '''Igrexa e convento de San Antón'''. Rematada en [[1663]], formando parte do convento de franciscanos recoletos que se estableceron no mesmo lugar desde [[1609]]. O templo consta de tres naves, cuberta con [[bóveda de canón]] e coro alto nos pés. De propiedade privada.
Liña 65:
* '''[[Igrexa de Santiago (Baza)|Igrexa de Santiago]]'''. Construída sobre da mesquita do arrabalde de Marzuela a inicios do século XVI, con importantes reformas no XVII. Constitúe o mellor exemplo de estilo [[mudéxar]] de Baza. Planta con tres naves e [[coro alto]] nos pés.
 
* '''Mosteiro de San Xerome'''. Construído so o patrocinio da familia Enríquez-Luna e xunto do seu pazo, desde o cal podían asistir aos oficios relixiosos a través dunha ''algorfa'' ou pasadizo elevado que accedía directamente á capela maior. A igrexa rematouse en [[1690]], aínda que as primeiras obras foran acometidas en [[1502]]. O mosteiro, que foi moi importante na comarca practicamente desapareceu.
 
 
[[Categoría:Concellos de Granada|Baza]]