Diferenzas entre revisións de «Augardente»

m
Corribot: Cambiando: ".en.nsula .b.rica�" -> "península Ibérica", segundo petición.; cambios estética
m (Algunha achega sobre o bagazo)
m (Corribot: Cambiando: ".en.nsula .b.rica�" -> "península Ibérica", segundo petición.; cambios estética)
[[ImageFicheiro:Aguardiente.jpg|thumb|250px|right|]]
A '''augardente''' é o nome co que se designa un espectro de [[Bebida alcólica|bebidas alcólicas]] destiladas, de entre 40 e 45 graos, que poden ser bebidas, xa sexa puras, engadidas son outras bebidas, aromatizadas ou mesturadas. Obtéñense por destilación do [[viño]] ou de determinados cereais, froitas ou sementes, como [[centeo]], [[cebada]], baias de [[xenebreiro]], [[cereixa]]s, [[uva]]s, [[cana de azucre]] e o anís, entre outras. O nome deriva do latín ''aqua ardens'', termo co que se chamaba ao alcol obtido por destilación.
 
== A augardente en Galicia ==
A augardente, tamén chamada co castelanismo ''caña'' en moitas partes de [[Galicia]] é un [[licor]] obtido da [[destilación]] dos restos da [[uva]] que quedan logo de elabora-lo viño, chamados [[bagazo]]. Por iso é tamén coñecida, especialmente entre os produtores, como ''augardente de bagazo'' ou ''bagaceira''.
 
A diferencia doutras partes da Penínsulapenínsula Ibérica, en Galicia retíranselle os talos das uvas ao bagazo para facer a augardente, o que lle dá unha suavidade especial.
 
É un licor transparente, cunha gradación de [[alcol]] superior aos 50 graos.
 
=== Variedades ===
* Augardente branca: de cor transparente
* Augardentde de herbas: engade distintas herbas aromáticas durante o seu proceso de destilado; de cor dourada.
* Augardente torrada: de cor marrón clara.
 
=== Historia ===
En Galicia, tradicionalmente, os augardenteiros eran as persoas que se encargaban da produción da augardente, e que obtiñan con iso ingresos extras dentro da súa economía. Era un traballo estacional ([[novembro]]) e ambulante, pois ían de aldea en aldea co [[alambique]] onde se preparaba a destilación.
 
En 2005, a denominación de orixe amparaba a 39 embotelladores cunha produción anual de 169.908 litros de augardente branca, 220 litros de augardente de herbas e 2.358 litros de licor de herbas, ademais de 1.715 litros de [[licor café]] <ref>''Anuario de Estatística Agraria 2005'', Consellería do Medio Rural.</ref>.
 
=== Utilidade ===
A augardente é a base alcólica da [[queimada]], e mais tamén doutros licores como o [[licor café]] ou o [[licor de guindas]]. Tómase tamén soa e frecuentemente acompañando o café.
 
== Notas ==
{{listaref|1}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.orujodegalicia.org Web do Consello Regulador da Denominación de Orixe ''Orujo de Galicia'' ou ''Augardente de Galicia'']
 
[[Categoría:Bebidas alcohólicas]]
39.453

edicións