Aníbal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fo:Hannibal
m Corribot: Cambiando: ".en.nsula .b.rica�" -> "península Ibérica", segundo petición.
Liña 9:
Á morte de Amílcar en [[-228|228 a.C.]], [[Asdrúbal]] o Belo quedou ao mando do exército cartaxinés en [[Iberia]] e, asasinado este en [[-221|221 a.C.]], o exército elixiu a Aníbal como estratega. Con todo, como sucedera con [[Asdrúbal]], en Cartago o nomeamento foi mal recibido entre os aristócratas, denominados "Os Vellos", defensores do nomeamento de [[Hannón]], xa que consideraban que era perigoso converter o mando do exército nun cargo hereditario e máis cando o ostentaban membros dunha familia demócrata, como era o caso dos Barca. Malia iso, o Consello púnico confirmou o nomeamento feito pola tropa.
 
Vistas as dificultades finalmente superadas do seu nomeamento, Aníbal decidiu lanzarse a realizar conquistas que demostrasen a súa pericia no mando e saciasen a sede de ouro dos avariciosos aristócratas que tanto desconfiaran da oportunidade do seu mando. Percorreu o interior da [[Penínsulapenínsula Ibérica]] durante dous anos atinxindo coa súa campaña renome militar, a confianza dos seus soldados e tesouros inmensos para Cartago, chegando deste xeito a unha situación na que si podería enfrontarse aos romanos. Para evitar unha inminente confrontación entre Roma e Cartago, Asdrúbal, xerno de Amílcar Barca e xeneral dos exércitos cartaxineses á morte deste, estableceu un tratado polo cal non se pode estender a influencia cartaxinesa máis aló do norte do río [[Ebro]]. A alianza entre Roma e [[Sagunto]], asinada posteriormente ao tratado, vulneraba este tratado debido a estar a cidade na órbita de influencia cartaxinesa. Esa é a razón pola que Aníbal atacou [[Sagunto]] no ano [[-219|219 a.C.]], provocando o estalido da contenda.
 
[[Ficheiro:hannibal_route_of_invasion.gif|thumb|250px|Rota de Aníbal na súa invasión de [[Italia]]]]