Antigo europeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m Corribot: Cambiando: ".en.nsula .b.rica�" -> "península Ibérica", segundo petición.; cambios estética
Liña 10:
* topónimos terminados en -antia: Alesantia e os modernos Aranzuelo, Arlanza, Arlanzón, Numancia.
 
Existen unha serie de ríos europeos con nomes claramente [[indoeuropeo]]s, pero que non se poden aclarar baseándose en linguas indoeuropeas coñecidas. Os nomes distribúense por toda Europa Central e do Norte, chegando polo sur ata as tres penínsulas [[Mediterráneo|mediterráneas]]: a [[Penínsulapenínsula ibéricaIbérica|ibérica]], a [[Península itálica|itálica]] e a [[Península balcánica|balcánica]]. Na súa zona de distribución apenas existe [[hidronimia]] non indoeuropea. Foron estudados profunda e sistematicamente por [[Hans Krahe]] (os ríos europeos), por [[Javier de Hoz]] (os ríos [[España|españois]]) e por [[Edelmiro Bascuas]] (os ríos galegos).
 
Na [[península ibéricaIbérica]] dáse o caso de que o territorio no que se atopan estes nomes entra claramente en zona historicamente non indoeuropea, é dicir, en [[Aragón]], [[Cataluña]] e parte do [[Valencia|Levante]]. Existirían dúas explicacións para este fenómeno: os [[iberos]] conquistaron estas zonas posteriormente ou ben a indoeuropeización destes territorios foi parcial e finalmente fallida.
 
Optouse polo nome de ''antigo europeo'' (alemán ''Alteuropäisch'') como denominación neutral. Inicialmente Krahe atribuíu os nomes aos [[ilirios]] (teoría chamada ''panilirismo''), aínda que máis tarde defendeu que a lingua era o protoindoeuropeo propiamente dito. As dúas teorías están hoxe en día descartadas.
Liña 18:
É máis o que non se coñece sobre este pobo có que se sabe.
 
=== Época na que se falou ===
 
Deduciuse que o antigo europeo é máis antigo cás [[linguas celtas]]. O mantemento dos nomes dos ríos en zona celta nunha lingua "estranxeira" indica por unha banda, que os ríos xa tiñan nome cando os celtas chegaron, e por outra, que estes nomes corresponden a unha lingua de substrato para os celtas.
 
No caso da Penínsulapenínsula ibéricaIbérica, se se dá por certo que os celtas chegaron cara aos séculos VIII-VII antes da nosa era, o antigo europeo tivo que falarse en época anterior. A arqueoloxía descubriu a chegada de elementos da [[cultura dos Campos de Urnas]] desde [[Europa central]] á Península cara aos anos -1500 e –1300, o que podería corresponder a inmigrantes desta lingua ou linguas. Porén, é imposible probalo.
 
=== Unha lingua ou varios dialectos emparentados ===
 
Non se pode saber con seguridade se era unha lingua ou varios dialectos emparentados.
Liña 30:
No entanto, existen argumentos a favor de que fose un grupo de dialectos ou linguas. O primeiro adiántao [[Jürgen Untermann]] e é a descontinuidade dos nomes de ríos vistos sobre o mapa europeo. Isto indicaría unha mestura de pobos indoeuropeos e non indoeuropeos nun mosaico de linguas. O segundo argumento é que é pouco probable que unha lingua evolucione tal cantidade de variantes para unha soa palabra indoeuropea como é o caso da raíz *eis-/*ois-/*is- (''rápido''): Aisa, Eisa, Isa, Eisia, Aisia, Isna, Aisena, Isana, Isina, Eisra, Isara, Aisaros, Eisla, Aisontios, Aista e Aiseta.
 
=== A cultura material dos falantes ===
 
O único vocabulario que nos chegou é o usado para nomear ríos: branco, rápido, sinuoso, brillante, fluír, etc. Isto non permite reconstruír a cultura material dos falantes polo uso que facían das palabras.
 
== Véxase tamén ==
 
* [[Linguas paleohispánicas]]
* [[Linguas celtas]]
 
== Bibliografía ==
 
* Villar, Francisco, ''Los indoeuropeos y los orígenes de Europa'', Madrid, 1991, ISBN 84-249-1471-6.
* Bascuas, Edelmiro, ''Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega'', Verba, anexo 51, Santiago de Compostela, 2002, ISBN 84-9750-026-1.
 
[[Categoría:Linguas indoeuropeas]]
[[Categoría:Linguas mortas]]
 
[[en:Old European hydronymy]]