Autoestrada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ar:طريق سيار
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: sh:Autoput; cambios estética
Liña 3:
Unha '''autoestrada''' é unha vía de circulación de [[automóbil]]es e [[vehículo]]s terrestres de carga; é rápida e segura e admite un volume de tráfico considerable, cunha serie de características que a diferencian dunha [[estrada]] normal. As primeiras vías construídas con esta configuración fixéronse en [[Alemaña]] durante os anos 30.
 
== Características ==
Para poder ser cualificada como autoestrada, unha vía de circulación debe reunir as seguintes características:
 
* Dúas calzadas de circulación, unha para cada sentido, separadas entre si por unha franxa ancha de terreo ou por valas de protección.
* Polo menos dous carrís de circulación en cada calzada.
* [[Arcén]]s laterais en cada calzada, para que un vehículo poida deterse en caso de urxencia sen obstaculizar o tráfico.
* [[Curva]]s pouco pronunciadas para que os vehículos non teñan que minorar a marcha ao circular por elas.
* Ausencia de [[cruce]]s a nivel, que se resolven mediante pasos superiores ou inferiores.
* Entradas e saídas con carrís, separados dos principais, de desaceleración e de aceleración para que os vehículos que saen ou entran na autoestrada cambien a súa [[velocidade]] fóra dela.
* As saídas e entradas están situadas case sempre no lado dereito no sentido da marcha, xa que o carril esquerdo é o de adiantamento e, polo tanto, o máis rápido.
* O acceso aos inmobles lindeiros coa autoestrada non se realiza directamente desde a mesma a menos que se utilicen entradas e saídas como as antes descritas. Nas zonas urbanas é habitual a existencia de rúas paralelas situadas a cada lado denominadas "vías de servizo" ou "colectoras" que permiten o acceso aos inmobles que limitan coa autoestrada sen perturbaren o tránsito da mesma.
 
=== Galería de imaxes ===
{{Commons|Highway|Autoestradas}}
{{Commons|Autoestradas en Galicia|Autoestradas en Galicia}}
Liña 25:
</gallery>
 
== Véxase tamén ==
* [[Autovía]]
* [[Peaxe]]
* [[Paso elevado]]
 
[[Categoría:Estradas]]
Liña 77:
[[ru:Автомагистраль]]
[[sco:Motorwey]]
[[sh:AutocestaAutoput]]
[[simple:Motorway]]
[[sk:Diaľnica]]