Carmela Arias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
arranxiños
Liña 1:
'''Carmela Arias Díaz de Rábago''', nada na [[Coruña]] o [[20 de febreiro]] de [[1920]] e falecida na mesma cidade o [[27 de outubro]] de [[2009]], foi unha empresaria galega, presidenta da [[Fundación BarrieBarrié de la Maza]].
 
==Traxectoria==
Filla de [[Vicente Arias de la Maza]] e Carmela Díaz de Rábago y Aguiar, estudou no Sagrado Corazón da Coruña e comezou a carreira de Arquitectura en [[Barcelona]], cidade na que o seu pai era secretario da Xunta de Obras do Porto. Non rematou os estudos pola súa mala saúde (aos quince anos declarouselledeclaróuselle unha enfermidade nos bronquios). Estivo enferma ata 1953, cando foi operada en [[Estocolmo]].
 
En [[1966]] casou con [[Pedro Barrié de la Maza]], Conde de Fenosa. Antes da bodavoda, o [[5 de novembro]], constituironconstituíron a Fundación Barrié de la Maza. Nese momento o capital estaba integrado pola aportación do conde de Fenosa de 3.300 millóns de pesetas, máis o 25% das rendas líquidas dos bens da Fundación, que se destinaron ao aumento de capital. En 1981 a condesa doou 7.000 millóns de pesetas á Fundación.
 
En [[1971]] morreu o conde de Fenosa, deixando á su muller como única herdeira. Nese momento convertiuseconverteuse en empresaria e presidenta da Fundación e doutras empresas das que a entidade é accionista maioritaria, como o [[Banco Pastor]] (40%), Gas Madrid, Alúmina ou Astano.
 
O [[13 de febreiro]] de [[1994]] anunciou a remodelación da cúpula do Pastor: creou dúas vicepresidencias -con poderes executivos- para os seus sobriños Vicente e José María Arias Mosquera, mentres que Guillermo de la Dehesa deixou o posto de conselleiro delegado e pasou a asesor da presidencia.
 
Presidenta de honra de Unión Fenosa, en xaneiro de 1992 foi nomeada vicepresidenta e membro da comisión delegada da empresa. Presentou a súa dimisión o [[23 de xaneiro]] de [[1996]], sendo substituidasubstituída polo seu sobriño Vicente Arias Mosquera.
 
O [[27 de setembro]] de [[2001]] foi nomeada presidenta de honra do Banco Pastor logo de renunciar á dirección da entidade financieirafinanceira. Os cargos vacantes foron ocupados polos seus sobriños José María e Vicente Arias Mosquera.
 
==Premios==
Liña 20:
*Premio Juan Lladó (do Instituto de Empresa e a Fundación Ortega y Gasset), 1990.
*Medalla de Honra da Universidade Internacional Menéndez y Pelayo (UIMP), 1990.
*DoctoraDoutora honoris causa pola Universidade da Coruña, 1991.
*Premio Galego do Ano de 1991.