Letizia Ortiz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: ro:Letizia, Principesă de Asturias; cambios estética
arranxiños
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
Letizia é a filla maior do xornalista [[Jesús Ortiz Álvarez]] e da enfermeira e sindicalista [[Paloma Rocasolano Rodríguez]]. A parella, divorciada en 1999 tivo dúas fillas máis: [[Telma Ortiz|Telma]], unha economista que traballa para [[Médicos sen Fronteiras]], e [[Érika Ortiz|Érika]], unha interiorista e deseñadora gráfica da productoraprodutora [[Globomedia]] que faleceu o 7 de febreiro de 2007 con 31 anos de idade. A avoa paterna de Letizia, [[Menchu Álvarez del Valle]], foi locutora de radio en [[Principado de Asturias|Asturias]] durante máis de 40 anos.
 
=== Estudios e formación como xornalista ===
Recibiu a [[Educación Xeral Básica]] no Colexio Público ''La Gesta'' de [[Oviedo]], continuando os seus estudios no Instituto ''Alfonso II'', á vez que recibía clases de [[ballet]] tres días por semana. Debido ó traballo do seu pai, toda a familia tivo que trasladarse a vivir á localidade de [[Rivas-Vaciamadrid]] ([[Madrid]]), co que Letizia, que contaba 15 anos, proseguiu a súa formación no Instituto ''[[Ramiro de Maeztu]]''. É durante esta etapa cando comeza unha longa relación de parella co seu profesor de literatura, [[Alonso Guerrero Pérez]].
 
Tras terminar o [[bacharelato]], matriculouse na [[Universidade Complutense de Madrid]], onde se licenciou en [[Ciencias da Información]], rama de [[Xornalismo]]. TodavíaAínda na facultade, empezou a colaborar co xornal [[ABC]] e coa [[Axencia EFE]], integrándose na área de política internacional desta durante o último ano de carreira. Máis tarde, entre 1992 e 1993, realizou prácticas como [[bolseira]] no xornal [[La Nueva España]] de Oviedo, adicándose ás áreas de economía, televisión e espectáculos. A continuación obtivo un [[máster]] en información audiovisual e viaxou a [[Guadalaxara (México)|Guadalaxara]] ([[México]]) para comezar os seus estudios de doctoradodoutorado (que non terminou) e traballar no xornal ''Siglo 21''.
 
=== BodaVoda civil e separación ===
En agosto de 1999, Letizia Ortiz e Alonso Guerrero (que fora profesor seu no instituto, xa casado anteriormente e con fillos) formalizaron o [[matrimonio]] civil en [[Almendralexo]], [[Badaxoz]], tras unha relación de parella de case dez anos. Porén, ó cabo dun ano a parella decidiu [[divorcio|divorciarse]]. Ese mesmo ano (1999), os pais de Letizia tamén acordaran divorciarse.
 
Liña 17:
 
=== Xornalismo en televisión ===
Letizia comezou a traballar en televisión en [[CNN+]], unha canle privada de noticias do [[Grupo PRISA]]. Xunto a [[Marta Fernández]] estivo durante dous anos retransmitindo as novas nona turnoquenda matinal, que empezaba a súa emisión ás cinco da mañá. Tamén traballou na cadenacadea [[EE.UU.|estadounidense]] [[Bloomberg TV]], outro canle privada, se ben especializada en [[economía]], [[finanza]]s e [[mercado]]s, con sede en España baixo a supervisión da [[Axencia EFE]] Televisión.
 
Incorporouse en 2001 a [[Televisión Española]], onde se fixo cargo da presentación de ''[[Informe Semanal]]'' en verán, e posteriormente traballou co equipo de edición do ''Telexornal Segunda Edición'', que acadaba [[audiencia]]s de catro millóns de personaspersoas a partir de 2003. Tamén presentou o ''Telexornal Matinal'', os especiais sobre o [[euro]] que se ofreceron nos Telexornais de TVE, e foi enviada especial a diferentes puntos de todo o mundo para cubrir acontecementos de actualidade, como os [[Ataques do 11 de setembro de 2001|atentados do 11 de setembro]], o afundimento do ''[[Prestige]]'' ou a Invasión de [[Iraq]] de 2003. De feito, cubriu a información deste último evento mantendo xa unha relación en segredo co [[Príncipe de Asturias]].
Meses antes do anuncio de compromiso co PrincipePríncipe de Asturias, comeza a co-presentar o Telexornal con máis audiencia de TVE, a segunda edición.
 
=== Compromiso matrimonial co Príncipe de Asturias ===
Letizia Ortiz coñeceu ó Príncipe de Asturias nunha cea que [[Pedro Erquicia]], director de ''[[Documentos TV]]'', organizou na súa casa a mediados de 2002. A partir de entón comezaron unha relación, coñecida por moi poucos, que se consolidou na primeira metade de 2003. Nese momento, a [[Casa Real Española|Casa Real]] estableceu un plan estratéxico para que a relación non chegara ós medios de comunicación ata que fose oportuno. E non o foi ata o 1 de novembro de 2003, cando se anunciou por sorpresa o compromiso matrimonial da xornalista con Felipe de Borbón.
 
A [[petición de man]] produciuse o 6 de novembro, e a voda celebrouse un chuvioso 22 de maio de 2004 na [[Catedral da Almudena|Catedral de Santa María a Real da Almudena]] de [[Madrid]]. Nese momento, Letizia Ortiz convertiuseconverteuse, dacordode acordo co Real Decreto sobre Títulos e Denominacións da Coroa, en Princesa de Asturias e futura Raíña de España.
 
=== Descendencia ===
O 8 de maio de 2005 a Casa Real anunciou que os príncipes de Asturias esperaban o nacemento do seu primeiro descendente. Un día despois os príncipes de Asturias iniciaron unha visita oficial ás [[Illas Baleares]], lugar oficial de descanso estival da Casa Real Española. Máis de 400 xornalistas retrataron o primeiro regalo para o futuro primoxénito da parella real, un conxunto de roupa para bebé e uns patucos, obsequio do Concello de [[Palma de Mallorca|Palma]]. O 31 de outubro de 2005, á 1.45 horas da mañá, Letizia deu a luz mediante [[cesárea]] a unha nena, [[Leonor de Borbón|Leonor]], primoxénita do herdeiro do trono e segunda na [[Liña de sucesión ó Trono de España|liña sucesoria da Coroa española]]. O bautismo da mesma tivo lugar o 14 de xaneiro de 2006, sendo os seus padriños os reis de España. O bautismo realizouse no [[Pazo da Zarzuela]], igual que o dos outros sesseis netos dos Reis.
 
O 25 de setembro de 2006 a Casa Real anunciaba que os príncipes de Asturias esperaban o nacemento dun segundo fillo para maio de 2007. O 27 de novembro de 2006 a Casa Real, nunha nota informativa a EFE, anunciou que o próximo fillo dos príncipes de Asturias, sería unha nena. É a primeira vez que a familia real española anuncia o sexo dun dos seus integrantes antes do seu nacemento. Finalmente Letizia Ortiz deu a luz, tamén mediante cesárea, á súa segunda filla, [[Sofía de Borbón]], ás 16:50 da tarde do 29 de abril de 2007.
Liña 34:
== Curiosidades ==
* Letizia Ortiz naceu no Sanatorio Miñor, actual sede da [[Fundación Gustavo Bueno]] de Oviedo.
* Segundo a versión oficial, a letra Z do seu nome débese a que o funcionario que a inscribiu no Rexistro Civil negouse a inscribila simplemente como ''Leticia'', alegando que debía ser ''María Leticia''. O pai tivo que acudir ó obispadobispado, onde lle certificaron que o nome era admisible ó existir una ''Madonna della Letizia'' en Italia, nome que copiou o funcionario literalmente e que quedou en Letizia por ese erro. Unha segunda versión sobre o seu nome sostén que o funcionario que a inscribiu era italiano, e por iso rexistrou o nome con Z. É probable tamén que os seus pais elixisen aposta un nome extranxeiroestranxeiro, a xulgar polos nomes das súas irmás.
* ApasionadaApaixonada do cine, actuou nunha [[curtametraxe]], ''La llamada del Ángel''.
* Durante a súa estancia en [[México]], foi musa do [[pintor]] [[cuba]]no [[Waldo Saavedra]] en varias das súas obras. Unha delas incluíuse no libreto do disco ''[[Sueños líquidos]]'' de [[Maná (banda)|Maná]]. Nesa obra aparece seminúa, na auga e suxeitando un avión de papel ardendo.
 
Liña 46:
 
[[Categoría:Princesas consortes de Asturias|Letizia]]
[[Categoría:NoblesNobres de España|Ortiz, Letizia]]
[[Categoría:Personalidades do xornalismo]]